EDUCACIÓN

Núria Figueras e Anna Font recollen no Pazo de Raxoi o Premio Compostela para Álbums ilustrados pola súa obra 'A visita'

16/11/2023

As autoras catalás Núria Figueras e Anna Font recibiron hoxe, nun acto celebrado no Pazo de Raxoi, o "Premio internacional Compostela para álbums ilustrados 2023", convocado polo Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka dotado con 9.000 euros de retribución así como coa publicación da obra en galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués. "A visita" foi seleccionado polo xurado por por tratarse dun "álbum ilustrado perfectamente construído que nos achega a...

Ler máis

SERVIZOS BÁSICOS COMUNITARIOS

O plan de conservación de lavadoiros comeza cos labores de roza e de limpeza

16/11/2023

O Concello de Santiago desenvolveu un plan de roza e limpeza de lavadoiros, que se complementará cunha segunda fase para súa recuperación e posta en valor. Estes traballos incluíron o baleirado e limpeza das pías, a roza da contorna da parcela, retirada de lixo, depósitos, lama e de herbas de raíz, cunha intervención inicial en 21 lavadoiros que vén de concluír.

Ler máis

TURISMO

A XV edición de Santiago(é)tapas celebrarase do 15 de febreiro ao 3 de marzo

15/11/2023

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao; a presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos; e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, anunciaron as datas da XV edición do concurso Santiago(é)tapas, que terá lugar do 15 de febreiro ao 3 de marzo, nunha rolda de prensa celebrada no Pazo de Raxoi. O concurso de tapas de Compostela cambia de datas nesta edición para potenciar a desestacionalización.

Ler máis

ALCALDÍA

Goretti Sanmartín avoga por afrontar os retos do municipalismo con altura de miras e buscando o consenso na XI Asemblea Xeral da FEGAMP

15/11/2023

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, abriu esta mañá a XI Asemblea Xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias avogando por "afrontar os retos do municipalismo galego desde a responsabilidade política, con altura de miras e buscando o consenso para levar a bo porto aquelas cuestións relacionadas con mellorar a calidade de vida das persoas que habitan nos nosos concellos".

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

"Os Bolechas. Amigas e amigos con diabetes" chegan á Rede de Centros Socioculturais grazas á doazón de ANEDIA

14/11/2023

As bibliotecas e espazos de lectura da rede dos centros socioculturais contarán con exemplares do libro "Os Bolechas. Amigas e amigos con diabetes", grazas á doazón de ANEDIA, a Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia. O volume foi presentado hoxe no CSC Maruxa e Coralia polo concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, e a presidenta de ANEDIA, María Xosé Rego.

Ler máis

CONSORCIO

A exposición 'Santiago proxectado, arquitecturas non construídas' recolle proxectos non executados na historia compostelá

14/11/2023

A mostra recolle catorce propostas xestadas no pasado da cidade e que non chegaron a realizarse por diferentes circunstancias. A alcaldesa e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín, e varios representantes da Corporación municipal asistiron esta mañá á inauguración da exposición que se poderá visitar na Casa do Cabido ata mediados do mes de febreiro.

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

Luis Zahera e Costa-Gavras non poderán asistir á 37ª edición de Cineuropa

14/11/2023

Unha indisposición do intérprete compostelán imposibilita a súa viaxe a Santiago, polo que a entrega do premio Cineuropa se apraza á 38ª edición do festival. Carmen Claudín, colaboradora próxima e amiga de Jorge Semprún, presidirá a mesa redonda en homenaxe ao centenario do nacemento do escritor e guionista

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o expediente de contratación das obras para a construción da senda peonil da rúa das Estrelas

13/11/2023

O executivo municipal deu luz verde esta mañá á aprobación do expediente de contratación das "Obras de execución do proxecto de Senda peonil da rúa das Estrelas", cun orzamento base de licitación de 126.172,99 euros, ao abeiro do Programa POS+ 2022 da Deputación Provincial da Coruña. Tamén se aprobou a adxudicación do contrato das obras para a "Rehabilitación de firme, mellora da accesibilidade e seguridade peonil na rúa Camiño dos Vilares. Tramo rúa Camiños da...

Ler máis

EMPREGO

Talentia Summit recupera o seu formato presencial con actividades formativas, mentorías e entrevistas laborais

13/11/2023

O Palacio de Congresos acolle hoxe a feira de talento e emprego de Talentia Summit, que recupera o seu formato presencial "para atender mellor a demanda tanto das empresas como das persoas inscritas". A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visitou hoxe as instalacións, onde se están desenvolvendo diferentes cursos, entrevistas de traballo, e tamén mentorías.

Ler máis
Compartir: