CIDADES PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio celebran o seu 30 aniversario en La Laguna

08/03/2024

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebrou este venres en La Laguna o concerto extraordinario con motivo do 30 aniversario da súa creación, un evento que se celebrou na Catedral desta cidade que ostenta a presidencia do Grupo, e que contou coa presenza do concelleiro de Urbanismo de Santiago, Iago Lestegás. O éxito do concerto, con aforamento completo, marca o comezo dunha programación que durante os próximos meses encherá de actividades culturais e espectáculos as 15 cidades españolas recoñecidas...

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

Valle-Inclán recibe un ano máis a súa bufanda vermella

07/03/2024

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asistiu este mañá no paseo dos Leóns da Alameda ao acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán, organizado pola Fundación Eugenio Granell, en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal e o Foro Galicia e Valle-Inclán. Tamén asistiron representantes de todos os grupos políticos da Corporación municipal e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén...

Ler máis

IGUALDADE

O Concello de Santiago fai un recoñecemento a 13 mulleres vinculadas a Compostela con motivo do 8 de marzo

07/03/2024

O programa de actividades con motivo do 8 de marzo arrancou hoxe cun acto organizado polo Concello de Santiago, no que se recoñeceu as traxectorias profesionais e vitais de varias mulleres que forman parte da historia viva da cidade. As galardoadas foron Jaione Camborda, Julia López, María Jesús Lamas, Nanina Santos, María Pereira, Yolanda Castaño, Maribel Martín e as integrantes do grupo Leilía.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSC de Santa Marta acolle "Danzade", unha xornada para reflexionar sobre o baile tradicional con perspectiva de xénero

06/03/2024

O Centro Sociocultural de Santa Martaacollerá o próximo 16 de marzo unha xornada que ten como obxectivo revisar o baile tradicional galego con perspectiva de xénero, explorar a súa confluencia coa danza contemporánea, e achegar estas disciplinas a novos públicos. Baixo o nome de "Danzade", o proxecto foi presentado hoxe polo concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro; a responsable do CSC de Santa Marta, Sandra Quintana; o responsable da xornada, Gustavo Couto; e unha das bailadoras que participan na iniciativa, Iria Portos.

Ler máis

MOBILIDADE

Entra en vigor a nova zona ORA da contorna do Clínico

06/03/2024

Tal e como estaba previsto, hoxe entrou en vigor a nova zona ORA da contorna do Hospital Clínico, despois dun periodo de adaptación de máis dunha semana desde o pintado e a instalación dos parquímetros. O concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, lembrou que as 287 prazas deste ámbito funcionan baixo o réxime xeral da ORA, pero coa particularidade de que non é obrigatorio mover o coche transcorridas dúas horas de estacionamento, como acontece noutras rúas da cidade. O edil mostrouse convencido de que o sistema "está...

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia promove un encontro co seu público

06/03/2024

O obxectivo do encontro é reunir ás persoas abonadas e ao público xeral para dialogar sobre a súa programación, a relación coa cidade e o futuro das orquestras. Para a ocasión, están citadas as persoas abonadas e o público xeral das cidades de Santiago e Vigo (nos días 11 e 12 de marzo, respectivamente)

Ler máis
Compartir: