ACCIÓN CULTURAL
Funboa Escénica presenta "Sushi gratis" da man de Cristina Balboa e Lúa Gándara
Funboa Escénica presenta Sushi gratis, da man de Cristina Balboa e Lúa Gándara este xoves 17 de decembro, dentro da programación de Teatro da Concellaría de Acción Cultural. Será no Teatro Principal ás 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 10 euros e están xa á venda no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 h), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Concellaría de Educación e Cidadanía anima as familias compostelás a adquirir xogos educativos en galego neste Nadal
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou esta mañá os 7 xogos e xoguetes en galego que as familias poden adquirir nestas festas de Nadal.
CONSORCIO
A Real Filharmonía celebra este venres o seu tradicional concerto de Nadal cunha selección de fragmentos do "Mesías" de Haendel
A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, o seu tradicional concerto de Nadal, dedicado ao Mesías de Haendel, que nesta ocasión está financiado pola Obra Social La Caixa. A cita será este venres 18 de decembro, ás 21:00 horas, Auditorio de Galicia. Levará a batuta o mestre italiano Enrico Onofri. A orquestra acompañará as voces da soprano María Espada, da mezzosoprano Marina Comparato, do tenor Enrico Iviglia e do barítono Fulvio Bettini, xunto co Coro da Orquestra...
CONVIVENCIA E EDUCACIÓN
Os alumnos do IES Xelmírez II presentan no Concello un Proxecto de Seguridade Viaria
Un grupo de alumnos do IES Xelmírez II visitou esta mañá o Pazo de Raxoi para presentar o Proxecto de Seguridade Viaria que realizaron ao longo dos dous últimos cursos, centrado no contorno do seu centro. Os rapaces, acompañados polos seus profesores, foron recibidos polos concelleiros de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e de Educación e Cidadanía, Manuel Dios.
CONVIVENCIA
A Policía Local visitou e agasallou os nenos e nenas ingresados no CHUS
A Policía Local visitou esta mañá os nenos e nenas ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Foi momento para a entrega de agasallos e para unha divertida sesión de educación viaria.
ACCIÓN CULTURAL
"Mongolia, el musical", no Teatro Principal
Chega a Santiago de Compostela Mongolia, el musical, o último reto para espectadores esixentes. A cita é o venres 18 de decembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.
MINUTO DE SILENCIO
Minuto de silencio no Obradoiro polo último asasinato machista e polos dous policías mortos nun atentado en Afganistán
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista en Alcobendas (Madrid) e o atentado que lle custou a vida a dous policías en Kabul (Afganistán).
CONVIVENCIA
A Policía Local intensifica os controis de alcohol e drogas durante esta semana
Dende este luns 14 e ata o vindeiro domingo, 20 de decembro, a Policía Local de Santiago súmase á campaña especial de control das taxas de alcohol e de drogas na condución impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico. Estes controis engádense aos que, de forma habitual e periódica, vén efectuando a Policía Local e supón un incremento notable das accións preventivas na materia.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Máis de 7.500 persoas visitaron o Belén Tradicional de San Fiz nesta fin de semana
O pasado venres abría ao público a igrexa de San Fiz de Solovio, recentemente rehabilitada con fondos do Consorcio e de gran valor cultural e histórico, onde se sitúa o Belén Tradicional elaborado polo artesán compostelán Pepe Uzal.
CONVIVENCIA
Continúan os traballos para lograr a comarcalización do servizo de bombeiros
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presidiu hoxe unha nova xuntanza para analizar a marcha do proceso de comarcalización do servizo de bombeiros. Xan Duro deulle conta dos avances ao alcalde de Teo, Rafael Sisto, e ao concelleiro de Cultura, Xuventude e Voluntariado, Emprego e Formación de Vedra, Enrique Vázquez. Á xuntanza non puideron asistir os representantes dos concellos de Ames, Boqueixón e Val do Dubra, malia a que seguen interesados no proxecto.