ECONOMÍA
Destacados relatores nacionais e internacionais participarán nunha xornada dedicada á experiencia do cliente
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou a primeira Conferencia Internacional da Experiencia do Cliente, Feeling Brands, que se celebrará o 8 de novembro. Estivo acompañada por Dolores Diz e Fernanda Fernández, da axencia Más Valor (organizadora do evento) e polo director da Área de Santiago de Novagalicia, Jesús Soto.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Comeza o obradoiro de guión cinematográfico de Compostela Cine Classics
Continúan unha semana máis as actividades do programa Compostela Cine Classics, promovido dende a Concellería de Centros Socioculturais. O xoves 24 de outubro comezará no Centro Sociocultural do Ensanche o Classicobradoiro para adultos sobre guión cinematográfico.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Exposición de Fran Lareo no Centro Sociocultural de Santa Marta
O Centro Sociocultural de Santa Marta acolle do 22 de outubro ao 5 de novembro a exposición de escultura Pequeno formato, de Fran Lareo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Cheo en Santa Marta para asistir ao concerto familiar "Fantasía animada"
A Sala Agustín Magán, no Centro Sociocultural de Santa Marta encheu as súas 150 prazas, cubertas de balde previa recollida de invitación, para asistir á segunda edición do concerto "Fantasía animada", a cargo da Banda Municipal de Música, no marco do ciclo Compostela Cine Classics 2013. Á vista do éxito, repetirase experiencia no Nadal.
BENESTAR SOCIAL
Alcer Galicia recupera a súa actividade
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu á presentación da Federación de Asociacións Alcer Galicia. Trátase da refundación desta entidade, tras 20 anos inactiva.
BENESTAR SOCIAL
Santiago acolleu o II Foro de familiares de enfermos con dano cerebral
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu ao II Foro de familiares de enfermos con dano cerebral, que se celebrou na Facultade de Psicoloxía.
COMERCIO
O pequeno comercio compostelán exhibiu e vendeu as súas coleccións outono-inverno na xornada "Estrea Estilo!"
Trinta e catro establecementos comerciais da cidade participaron na iniciativa Estrea Estilo!. Nesta xornada de dinamización, o pequeno comercio compostelán presentou, exhibiu e vendeu as novas coleccións outono inverno 2013-2014 en diversos espazos do Hotel Eurostars Araguaney. A concelleira de Comercio, Reyes Leis, visitou os establecementos e asistiu á entrega de agasallos.
XUVENTUDE
XX aniversario da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco
A Federación de Centros Xuvenís Don Bosco celebrou o seu 20º aniversario cunha xornada chea de actividades. A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, achegouse ata a celebración.
ALCALDÍA
Recepción á xunta directiva de FREMAP
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu no salón nobre a xunta directiva da Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades (FREMAP).
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello colabora un ano máis no concurso de redacción "Falemos da nosa historia", do CEIP López Ferreiro
O CEIP López Ferreiro, coa colaboración da Concellería de Normalización Lingüística, convoca un ano máis o seu concurso de investigación e redacción Falemos da nosa historia, certame dirixido a escolares do 3º ciclo de educación primaria e do 1º ciclo da ESO de calquera centro de Galicia.