ALCALDÍA
María Rozas recibiu os participantes no LVIII Curso Internacional "Música en Compostela"
A alcaldesa en funcións, María Rozas, recibiu en Raxoi os participantes na LVIII edición do Curso Universitario Internacional Música en Compostela, que se celebra entre o 2 e o 15 de agosto. 99 alumnos e alumnas de 15 países participan nesta edición, que novamente inclúe diversos concertos.
ACCIÓN CULTURAL
"Ao ritmo da maxia", un espectáculo da compañía Fusionarte, na praza da Quintana
Nova entrega do programa Verán na rúa, desta vez coa compañía galega Fusionarte, que presenta o seu espectáculo Ao ritmo da maxia. A cita é este xoves 6 de agosto, ás 19:30 horas, na praza da Quintana, con entrada de balde e para todos os públicos.
ACCIÓN CULTURAL
Isla LeTriska presenta o seu espectáculo de novo circo en San Martiño Pinario
A compañía galega Isla LeTriska presenta un delirante espectáculo que combina variadas disciplinas de novo circo (malabares, pallaso, equilibrios...) con excentricidades e xogos co público. Será este mércores 5 de agosto, ás 19:30 horas, na praza de San Martiño Pinario, con entrada de balde, nunha nova entrega do programa Verán na rúa.
DEPORTE
Santiago, cidade candidata a ser sede en 2017 do Campionato de Europa Xuvenil de Xadrez
A alcaldesa en funcións, María Rozas, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, recibiron en Raxoi a representantes das federacións europea, española e galega de xadrez para falar da candidatura de Santiago de Compostela a organizar o Campionato de Europa Xuvenil de Xadrez en 2017.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago súmase á repulsa contra a violencia machista
Os traballadores municipais e os representantes públicos do Concello de Santiago realizaron esta mañá diante do Pazo de Raxoi unha concentración silenciosa en repulsa ao crime acontecido o pasado venres na localidade pontevedresa de Moraña.
ALCALDÍA E MOCIDADE
O Concello colabora un verán máis co campamento urbano do Centro Don Bosco
A alcaldesa en funcións, María Rozas; a concelleira de Mocidade e Deporte, Noa Morales e outros membros da Corporación recibiron en Raxoi os participantes nas actividades de verán do Centro Xuvenil Don Bosco. Máis de 80 nenos e nenas puideron coñecer a Casa do Concello e preguntar sobre o seu funcionamento.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participa en Música en Compostela con dous concertos dedicados á música española
A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis na 58º edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela con dous concertos. O primeiro celebrarase este mércores, 5 de agosto, e o segundo o venres día 7. Ambas citas terán lugar no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.
ACCIÓN CULTURAL
Circo Chosco presenta o seu espectáculo "Forzud@s" na praza da Quintana
A Concellaría de Acción Cultural encherá de novo no mes de agosto algunhas das rúas e prazas máis emblemáticas de Santiago de Compostela cunha variada programación. A oferta de Verán na rúa está dirixida a todo o público, que só se terá que preocuparse de coller un bo sitio para ver os diferentes espectáculos de circo, acrobacias aéreas, malabares, títeres, maxia, teatro de rúa, contacontos, danza, ou música, entre outros, xa que todas as actividades son de...