ACCIÓN CULTURAL
"Paulina", "El Incendio" e "Nahid" para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
O Salón Teatro acollerá a proxección de tres películas multipremiadas este ano en Cannes, Berlín e San Sebastián, as arxentinas Paulina e El Incendio, e a iraniana Nahid, que conflúen en abordar desde posturas nada compracentes e abertas ao debate a violencia exercida contra a muller de xeito individual ou desde unha política de Estado. Estas proxeccións de Cineuropa, en colaboración coa Concellaría de Igualdade, serven para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da.../em>
CONVIVENCIA
Semana formativa na Policía Local sobre intervencións en casos de violencia de xénero
Esta semana, coincidindo coas diversas actividades postas en marcha polo Concello de Santiago con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro), a Policía Local organizou unha actividade formativa en relación a esta materia. As sesión comezan na tarde deste luns.
IGUALDADE
O alcalde e a concelleira de Igualdade visitan algúns dos establecementos adheridos á campaña "Compostela en Negro"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Marta Lois, fixeron este luns un percorrido polas rúas do Ensanche, onde comprobaron a grande acollida que tivo entre o comercio da cidade a campaña de sensibilización sobre a violencia de xénero impulsada desde a Concellería de Igualdade, Compostela en Negro. No seu percorrido estiveron acompañados polos voceiros do BNG, Rubén Cela; do PP, Agustín Hernández; e polo concelleiro socialista Gonzalo Muíños.
LINGUA
O Goberno local comprométese a darlle un novo pulo ao programa Apego
O Goberno local traballa co obxectivo de revitalizar o Programa Apego, que naceu hai seis meses co obxectivo de fomentar o uso do galego entre a infancia e de promover a socialización na nosa lingua no eido familiar. Así o asegurou o alcalde, que esta mañá presentou o obradoiro "Recursos en galego para a educación infantil", que se vai desenvolver ao abeiro do Apego. Martiño Noriega incidiu en que "Compostela é a capital da lingua, e temos que seguir co traballo en prol da dinamización do galego que se empezou na cidade...
POLÍTICAS SOCIAIS
O mediador intercultural Samir Sayyad dará unha charla este martes sobre a emigración na zona do Mediterráneo
O Concello de Santiago, xunto coa ONG Asemblea de Cooperación pola Paz está a impulsar unha campaña de sensibilización e de integración en Compostela que busca promover os valores positivos da convivencia intercultural e combater os discursos do odio, fronte a actual crise das persoas refuxiadas.
ACCIÓN CULTURAL
O director Fernando Colomo presenta a súa "Isla Bonita" en Cineuropa
Este martes, Cineuropa recibe a visita de Fernando Colomo para presentar o seu novo traballo, Isla Bonita, a historia dun director en horas baixas convidado por un amigo á súa casa en Menorca. Trátase dun máis que probable autorretrato certeiro, honesto e refrescante. Realizada cun orzamento mínimo, deixa unha ampla marxe para a improvisación dos actores, moitos deles non profesionais que, a pesar diso, protagonizan hilarantes diálogos sobre o amor ou a arte. A cita con Colomo terá lugar ás 20:45 h no Salón Teatro.
ACCIÓN CULTURAL
Guadalupe Plata e Hendrik Röver & Los Míticos GT’s, este venres en Compostela dentro do ciclo Blues Nite
Os andaluces Guadalupe Plata chegan este venres a Compostela para ofrecer un concerto dentro do ciclo Blues Nite. Será a partir das 21:30 horas na Sala Capitol e estarán acompañados por Hendrik Röver &Los Míticos GT´s. As entradas poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal, en A Reixa Tenda, Miranda, ticketea.com e salacapitol.com a un prezo de 12 euros anticipada e 15 euros o día do concerto.
CONSORCIO
O Consorcio remata as obras no Auditorio de Galicia, destinadas a evitar as filtracións da auga da choiva ao interior do edificio
O Consorcio de Santiago realizou obras no Auditorio de Galicia co fin de eliminar as humidades nas cubertas dos corpos que conforman a sala de exposicións, a cociña e a cafetería do inmoble. Os traballos, destinados a garantir a estanquidade do edificio, levounos a cabo a empresa Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L., cun orzamento global de 66.550 euros.
ACCIÓN CULTURAL
Cineuropa entra na súa última semana con oito estreas internacionais
Comeza a última semana do festival e, lonxe de decaer, preséntase con forza. Cineuropa tráenos oito estreas. A primeira, Trois souvenirs de moi jeunesse, de Arnaud Desplechin (Salón Teatro ás 20:15 h), é unha fermosa película cunha visión do amor exacerbada, moi próximo ao cinema do Truffaut máis romántico.
ACCIÓN CULTURAL
"Marguerite", de Xavier Giannoli, chega este domingo ao festival Cineuropa
A peor cantante de ópera da historia, Marguerite, "deleitaranos" no Teatro Principal a partir das 17:30 h. A película máis recente de Xavier Giannoli é unha atinada sátira con grande éxito de público e crítica no Festival de Venecia que segue triunfando na carteleira francesa. O director de Cineuropa, José Luis Losa, está convencido de que todos coñeceremos a Marguerite cando termine novembro.