EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Presentado o Premio Dereitos Humanos Cineuropa
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou o Premio Dereitos Humanos Cineuropa 2017. Será outorgado polo xurado novo do festival e recoñecerá aquel filme que recolla na súa metraxe os valores para a defensa dos dereitos humanos, cívicos e democráticos. Esta é unha contribución do Departamento de Educación e Cidadanía a Cineuropa e ás súas sucesivas edicións.
IGUALDADE
Máis de 700 establecementos e entidades berran contra as violencias machistas tinguíndose de negro
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visitou esta mañá algúns dos establecementos adheridos este ano á campaña En negro contra as violencias, impulsada en 2015 polo Concello de Santiago e á que se sumaron xa 75 concellos e 3 deputacións. O alcalde estivo acompañado pola concelleira de Igualdade, Marta Lois, e polos voceiros dos grupos municipais.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival Escenas do Cambio programa 13 espectáculos procedentes de 5 países
O Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio regresará de novo en febreiro de 2018 –entre os días 1 e 10– con 13 espectáculos de compañías procedentes de cinco países (España, Portugal, Marrocos, Siria, Francia e Italia), nunha cuarta edición na que o teatro galego continuará a ter unha presenza destacada con Estela Lloves, Félix Fernández, IlMaquinario e, de novo, Voadora, que presentará neste certame a estrea en España de Garage.
ACCIÓN CULTURAL
O novo de Laurent Cantet e o maratón protagonizan o último venres de Cineuropa
Ás 20:00 horas deste venres poderemos asistir á estrea nas nosas pantallas do último filme do director francés Laurent Cantet, autor de A clase, Recursos humanos, Time out ou Foxfire, todas elas proxectadas en anteriores edicións do festival Cineuropa.
CONSORCIO
Un libro lembra a figura do escritor e xornalista compostelán Antonio Neira de Mosquera, un dos grandes representantes da primeira xeración de galeguistas
O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora acaban de publicar Galicia ante todo. Páxinas esquecidas do Rexurdimento (1840-1853), centrado na figura e na obra do escritor e xornalista compostelán Antonio Neira de Mosquera, un dos principais representantes do Provincialismo. Este xoves, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega, presentou a publicación na Fundación Torrente Ballester. Ao acto asistiron a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo...
ALCALDÍA
A veciñanza da zona Urbana Sur está convidada este venres a un novo encontro "Ao vivo" co Goberno local
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e os concelleiros e concelleiras do Goberno local manterán este venres 24 de novembro, un novo encontro "Ao vivo" coa cidadanía. Será ás 19:30 horas na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta. A esta xuntanza están convidados os veciños e veciñas de Santa Marta, Conxo, Choupaña, Volta do Castro e Vidán.
MEDIO AMBIENTE
Os CSC de Vite e do Ensanche acollen este xoves dous obradoiros para restaurar computadores refugados
No marco da campaña "Longa vida aos teus residuos electrónicos" e con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos, o colectivo Tropa Verde organiza dous obradoiros este xoves 23 de novembro. Realizaranse nos centros socioculturais de Vite, ás 17:00, e do Ensanche, ás 19:30 horas. Esta iniciativa lévase a cabo grazas a colaboración do Concello coas empresas Teimas Desenvolvemento, Revetia e Recyclia.
ALCALDÍA E MERCADOS
O Concello inviste preto de 60.000 euros na mellora das instalacións do Mercado de Amio
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e as concelleiras de Desenvolvemento Económico e de Mercados, Marta Lois e Noa Morales, respectivamente, visitaron esta mañá o Mercado de Amio, aproveitando que os mércores se celebra a habitual feira de gando.
ACCIÓN CULTURAL
Andrey Zvyagintsev volve a Cineuropa con Nelyubov
En 2014, o cineasta ruso Andrei Zvyagintsev acadou ducias de galardóns con Leviathan, un duro filme sobre a realidade social rusa que formou tamén parte da 28ª edición de Cineuropa. Con Nelyubov (Loveless) continúa afondando nas entrañas da clase media alta rusa a través do conflito dunha parella en proceso de divorcio que debe xuntar forzas para atopar ao seu fillo desaparecido. Na súa procura, topan cun Estado alleo aos requirimentos dos cidadáns. O Teatro Principal acolle ás 20:00 horas a.../em>
MEDIO AMBIENTE
Parques e Xardíns estrea páxina web con preto de 1.700 referencias
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou hoxe a nova web do Departamento de Parques e Xardíns, Compostela Verde. Xan Duro estivo acompañado por Miguel Lois Barreiro, de Ferrovial, encargado de desenvolver o portal.