DEREITOS DOS ANIMAIS

O Padroado da Fundación Refuxio de Animais decidirá propostas de actuación para mellorar as instalacións e buscar fondos económicos entre os 10 concellos que o integran

23/05/2024

A Fundación Refuxio de Animais reunirá este venres 24 de maio o seu padroado para analizar e decidir propostas de intervención que determinarán as prioridades de mantemento das instalacións, cos recursos técnicos e humanos necesarios, ademais da posta en marcha dunha campaña para sensibilizar mediante unha publicación sobre tenza responsable e adopción de animais.

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

A Banda Municipal de Música inicia o terceiro ciclo de 'Postais' para viaxar a través da música

23/05/2024

A Banda de Música Municipal de Santiago arranca o tetceiro ciclo de concertos da temporada que se desenvolverán ata o 27 de xullo, coincidindo coas festas do Apóstol. En total a BMSC ofrecerá nove propostas ao aire libre para un público variado que comenzará o vindeiro xoves 30 de maio ás 21 horas na Catedral co concerto "dende a lembranza", in memoriam do trombonista Dani Portas falecido o pasado mes de febreiro.

Ler máis

FESTAS

Mañá comeza a V edición da Festa do Banquete de Conxo con actividades de descuberta da natureza e os tradicionais Cantos de Taberna

23/05/2024

As celebracións da V edición da Festa do Banquete darán comezo mañá co paseo literario "as voces do bosque", guiado polo escritor Quique Alvarellos, e un Escape Room co que as/os participantes poderán coñecer máis sobre este espazo e a súa historia. Pola tarde terán lugar os obradoiros de baile tradicional e de Cantos de Taberna co posterior percorrido polos bares do barrio para interpretar as diferentes pezas. O día grande das festas será o domingo 26 de maio, cunha romaría popular aberta a...

Ler máis

SERVIZOS BÁSICOS COMUNITARIOS

A creación da comisión especial da xestión do ciclo integral da auga determinará a forma máis sustentable e eficiente para regularizar este servizo esencial

22/05/2024

O Pleno da Corporación de maio debaterá unha proposta da Alcaldía para crear unha comisión especial para analizar a forma máis sustentable e eficiente da xestión do ciclo da auga, que estará integrada por unha representación de todos os grupos municipais e por persoal técnico municipal.

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

A oitava edición de Compostela máis Solidaria pon en valor a información de primeira man como ferramenta contra a intolerancia

22/05/2024

Santiago acolle do 29 de maio ao 7 de xuño a oitava edición de "Compostela máis Solidaria", unha proposta de sensibilización arredor das realidades migrantes que forman parte da nosa contorna e das que, como sociedade, non sempre somos conscientes. O programa está impulsado pola Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, co apoio do Concello de Santiago, a través da Unidade de Atención ás Migracións. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, e a presidenta da Coordinadora, María...

Ler máis

ALCALDÍA

A designación da "praza da Oliveira - Pilar Pereira" contribuirá a manter na memoria colectiva a traxectoria desta actriz compostelá

21/05/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada de representantes da Corporación municipal e do tecido social e cultural compostelán, participaron nun acto para darlle o nome da "praza da Oliveira-Pilar Pereira" ao espazo situado na Cidade histórica entre a rúa e ruela da Oliveira. A intención é que Pilar Pereira permaneza "na memoria colectiva da veciñanza compostelá e que, ao igual que esta oliveira, enraíce neste lugar coa mesma forza coa que viviu e desempeñou a súa traxectoria...

Ler máis

FESTAS

A Festa do Banquete de Conxo achega á veciñanza a contorna natural do barrio con actividades para todas as idades

21/05/2024

Durante toda a fin de semana, o programa ofrecerá diversas propostas para todos os públicos pensadas para descubrir e gozar da contorna da Carballeira de Conxo. Este venres 24 terá lugar a visita literaria "as voces do bosque", guiada polo escritor Quique Alvarellos, e un Escape Room coa que as/os participantes poderán coñecer máis sobre este espazo e a súa historia. O sábado 25, será a quenda do taller de observación de aves, o de "baños de bosque" e a unha ruta que inclúe unha visita e...

Ler máis
Compartir: