CONVIVENCIA E MOBILIDADE
As obras do paso superior sobre a AP-9 en San Lázaro obrigarán a desviar o tráfico rodado e peonil durante varios meses
As obras de ampliación do tramo Santiago Norte-Santiago Sur da autopista AP-9 inclúen a eliminación da ponte existente sobre a autopista ao seu paso por San Lázaro e a posterior construción dunha nova. Estas obras obrigarán, a partir do vindeiro xoves, 17 de agosto, a desviar o tráfico rodado e tamén aos peregrinos que utilizan ese tramo do Camiño.
ACCIÓN CULTURAL
Resolta a convocatoria 2017 de proxectos de creación en artes visuais para a Zona "C"
O Auditorio de Galicia vén de publicar no portal de Transparencia da Actividade Pública a resolución da Convocatoria 2017 de propostas de artes visuais da Zona "C". O comité de selección, no que participaron Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC); Mónica Maneiro, directora de Dardomagazine; a artista Neves Seara e Chus Busto, responsable de exposicións e actividade cultural do Auditorio, escolleu seis proxectos de entre os 40 presentados nesta edición.
XUNTA DE GOBERNO
O Plan de Igualdade e o Plan de Mobilidade Urbana Sostible, primeiros proxectos a sufragar cos fondos da EDUSI
A alcaldesa en funcións, María Rozas, deu conta hoxe dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local celebrada este venres. Na mesma acordouse remitir ao Ministerio de Facenda a documentación complementaria sobre dous dos proxectos que se financiarán con cargo á Estratexia de Desenvolvemento Urbano, Sostible e Integral (EDUSI).
ACCIÓN CULTURAL
O Feito a Man acolle o 30 de agosto un concerto-tributo a Narf con máis de 30 artistas
O vindeiro 30 de agosto, a cidade de Fran Pérez, Narf, Santiago de Compostela, renderalle merecida homenaxe ao músico falecido o pasado novembro cun espectáculo que quere celebrar o seu legado, tanto musical como teatral. Será un evento no que participarán máis de 30 artistas de Mozambique, Portugal, Euskadi, Inglaterra e, por suposto, Galicia. As entradas xa se poden mercar as entradas en ataquilla.com.
FACENDA E OBRAS
Os remanentes permitirán executar obras por valor de 3,3 millóns de euros
A alcaldesa en funcións e concelleira de Economía, Facenda e Administración, María Rozas, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, explicaron hoxe polo miúdo as obras que o Concello vai acometer durante o que queda de 2017 e os primeiros meses de 2018 cos remanentes do exercicio anterior.
LINGUA
Ducias de nenos e nenas volven xogar nas rúas de Compostela grazas ao "Territorio Xogantín"
A alcaldesa en funcións, María Rozas, visitou esta mañá as actividades que se están a desenvolver na praza 8 de Marzo dentro do programa Territorio Xogantín, polo que xa pasaron ducias de nenos e nenas durante este mes de agosto.
ALCALDÍA
Recepción aos participantes na LX edición do Curso "Música en Compostela"
A alcaldesa en funcións, María Rozas, e outros membros da Corporación recibiron en Raxoi os/as participantes na LX edición do Curso Universitario Internacional Música en Compostela, que se celebra do 6 ao 19 de agosto. Nesta edición participan preto de 100 alumnos e alumnas procedentes de países como Arxentina, Bulgaria, Bélxica, Costa Rica, Corea, España, EE.UU., Xapón, Hungría, Honduras, Portugal, Romanía, Perú, Venezuela ou Rusia.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia interpretará "El amor brujo", de Manuel de Falla, este venres no Auditorio
No marco da 60ª edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela, a Real Filharmonía de Galicia participa cun novo concerto este venres. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave. Ademais, intervirá como solista o violoncellista canario Ángel Luis Quintana.
INCENDIOS
Controlados dous lumes en Grixoa e Villestro
Na tarde deste mércores rexistráronse dous pequenos incendios nas parroquias de Villestro e Grixoa que, a estas horas, xa foron controlados polos servizos de emerxencia. No operativo da Xunta tamén participaron Protección Civil e os Bombeiros de Santiago, que refrescaron a zona para evitar o repunte das lapas.
FACENDA
O Goberno local demanda a supresión das limitacións que impiden contratar máis persoal nos concellos
A concelleira de Economía, Facenda e Administración, María Rozas, fixo hoxe balance da política de persoal e contratación do Goberno local dende o comezo do mandato.