ALCALDÍA
O alcalde confía en que Tussa xestione os servizos da ORA e do guindastre no prazo dun mes
Tussa asumirá a xestión da ORA e do guindastre no prazo dun mes, segundo a folla de ruta prevista polo Goberno despois de que o Pleno da Corporación aprobara onte a municipalización dos servizos. O alcalde, Martiño Noriega, advertiu hoxe que "os primeiros meses serán de transición, e as novidades que perciba a cidadanía implantaranse cando a situación estea consolidada".
CONSORCIO
O alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece un concerto este sábado no auditorio do centro
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, ofrece mañá sábado, 17 de marzo, un concerto do seu alumnado do Curso de Especialización Instrumental, que toca o violín, a viola, o violoncello, o contrabaixo, a frauta, o óboe, o clarinete, o fagot, a trompa, a trompeta, otrombón e a percusión. Sumaranse ademais alumnos/as convidados/as de diferentes conservatorios de Galicia. A cita será no auditorio do propio centro, ás 21:00 horas, e as entradas serán gratuítas ata completar o...
ALCALDÍA E EMPREGO
O Ecotur Xuvenil III suma case un quilómetro á senda peonil do río Sar
A senda peonil do Sar suma xa 7,4 quilómetros de lonxitude, coa apertura hoxe do tramo entre Ponte Suarribas e Ponte da Fervenza. Este treito, de 900 metros, foi acondicionado polo alumnado do obradoiro de emprego Ecotur Xuvenil III. Os 15 rapaces e rapazas recibiron hoxe os seus diplomas acreditativos.
ACCIÓN CULTURAL
A terceira edición do ciclo "De lugares e órganos" arrinca este venres cunha ducia de actividades
Do 16 de marzo ao 1 de abril, a terceira edición do ciclo De lugares e órganos. Músicas e outras paisaxes de Compostela ofrecerá a residentes e visitantes da cidade unha nova oportunidade de descubrir o patrimonio organístico de Santiago. Concertos, itinerarios, conferencias, conversas e obradoiros que afondan no imaxinario sonoro da cidade e que nos permiten visitar e coñecer a riqueza instrumental coa que conta Compostela.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Recepción a alumnado do IES Ciudad de los Poetas (Madrid) e do IES Arcebispo Xelmírez I
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi a un grupo de alumnos e alumnas do IES Bilingüe Ciudad de los Poetas, de Madrid, con motivo do intercambio que este centro escolar mantén co IES Arcebispo Xelmírez I.
PLENO
Aprobada definitivamente a municipalización dos servizos da ORA e do guindastre
O Pleno da Corporación municipal aprobou hoxe, de forma definitiva, a municipalización dos servizos da ORA e o guindastre. Péchase así o expediente iniciado hai algo máis de dous anos, cando unha sentenza xudicial anulara a concesión feita en 2012 á empresa Setex Aparki.
PLENO
O Pleno dá o visto bo por unanimidade ao regulamento do Consello Municipal de Cooperación e Solidariedade
O Pleno da Corporación aprobou hoxe, por unanimidade, o regulamento do Consello Municipal de Cooperación e Solidariedade. Trátase dun órgano consultivo de participación cidadá para a análise, asesoramento e seguimento das accións en materia de cooperación internacional ao desenvolvemento. Entre os seus obxectivos está o de dar resposta ás necesidades e demandas do fenómeno migratorio.
LINGUA
Mañá remata a inscrición nos premios Youtubeir@s
Mañá xoves, 15 de marzo, remata o prazo de inscrición para participar nos premios Youtubeir@s, que procuran a promoción do uso do galego en YouTube. Trátase dunha iniciativa impulsada polos servizos de normalización lingüística de nove concellos, entre eles Santiago, as tres universidades galegas e a Deputación da Coruña.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, o da muller xixonesa cuxo cadáver foi atopado o pasado 6 de marzo en Arbón (Asturias).
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A terceira edición de Caroutlet Motorocasión ofrecerá arredor de 400 vehículos en oferta
O recinto feiral de Amio acollerá do 16 ao 18 de marzo a terceira edición do Salón Caroutlet Motorocasión que terá unha extensión de máis de 4.000 metros cadrados. Na presentación do evento estivo a tenente de alcalde, María Rozas, acompañada do director do Salón, José Enrique Elvira.