COMERCIO
O venres 24 ábrese o prazo para solicitar os bonos "Corazón Compostela", cos que o Concello financia o 40% das compras nos establecementos adheridos ao programa
Mañá, 24 de setembro, ábrese o prazo para que os consumidores/as poidan solicitar os bonos Corazón Compostela, unha iniciativa do Concello de Santiago que ten por obxectivo incentivar a actividade económica mediante o cofinanciamento de bonos para o consumo no comercio e na hostalería local. En total, poranse en circulación 20.000 bonos de 75 euros, 45 achegados pola persoa solicitante (o 60%) e 30, polo Concello (o 40%). Terán validez ata o 10 de decembro. Cada cliente poderá solicitar un único bono. O seu importe irase...
ACCIÓN CULTURAL
Curtocircuíto 2021: revisando as artes desde o teórico ata o visceral
Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine celebrará a súa 18ª edición do 2 ao 10 de outubro consolidando una programación arriscada e interdisciplinaria que fai de Santiago de Compostela o punto de encontro de todas as artes. Na presentación, realizada hoxe no Concello de Santiago de Compostela, participaron Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago; Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Xurxo Couto, deputado...
MOCIDADE
A mocidade de Compostela pode desfrutar de balde, ata o 17 de decembro, de Noites Alternas, un programa que busca xerar dinámicas saudables e construtivas entre a xuventude
O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe o programa Noites Alternas, unha iniciativa de lecer nocturno alternativo destinada á mocidade que ten como obxectivos establecer relacións persoais saudables e construtivas, apoiar a prevención de hábitos de consumo de alcol e drogas e xerar dinámicas críticas, participativas e creativas que poidan reverte en beneficios da xuventude e da sociedade en xeral.
OBRAS
O departamento de Obras do Concello está desenvolvendo máis de 30 actuacións, cun investimento superior aos 10 millóns de euros
Neste momento, o departamento de Obras do concello de Santiago ten en marcha máis de 30 actuacións, cun investimento superior aos 10 millóns de euros. Hoxe, o concelleiro de Obras, Javier Fernández, deu conta das máis importantes. Entre as que están en execución destacou a reurbanizacion da rúa dos Concheiros e a da rúa do Hórreo. E xa no apartado de licitación, resaltou a rehabilitacion do palacete da Finca do Espiño, xa adxudicada, e "a punto de comezar".
SERVIZOS
O Concello saca a licitación pública os quioscos da Alameda e da praza de Vigo
A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, deu conta en rolda de prensa da licitación pública dos quioscos situados no parque da Alameda e na praza de Vigo. As ofertas poderán presentarse a partir de mañá e durante un prazo de 30 días hábiles. Mila Castro estivo acompañada pola directora da Área de Servizos Básicos, Rocío Montañés.
EDUCACIÓN
Arranca o curso na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela con máis de 400 matrículas
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Educación, Rubén Prol, visitaron esta tarde a Escola Municipal de Música con motivo do inicio do curso escolar 2021-2022. A Escola comezou o novo ano académico o pasado 9 de setembro con máis de 400 alumnos e alumnas.
MOBILIDADE
Gonzalo Muiños participa no II Foro de Mobilidade, celebrado na Coruña
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños, participou onte no II Foro da Mobilidade, organizado pola Mesa da Mobilidade do Concello da Coruña, que tivo lugar no Museo Científico Domus da cidade herculina.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba as bases para a selección do alumnado do obradoiro de emprego Creas IV
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases para a selección do alumnado traballador e do persoa director e docente do "Obradoiro dual de emprego Creas IV do concello de Santiago de Compostela". Este obradoiro, que conta cun orzamento de 439.196 euros, terá unha duración de 19 meses, e permitirá formar a 20 persoas en situación de desemprego.
EDUCACIÓN
A ludoteca María Miramontes, que comeza a funcionar en outubro, organiza a partir de mañá varias xornadas de portas abertas
O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes, situado no barrio das Fontiñas, bota a andar no mes de outubro, cun espazo axeitado para o xogo e cunha programación pensada para favorecer a conciliación familiar e o desenvolvemento psicomotor, cognitivo, crítico, creativo e afectivo dos nenos e nenas. Todas as actividades e servizos ofertados son de balde.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello concede 1.310 bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, deu conta en rolda de prensa da resolución da convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares, que aprobou o venres a Xunta de Goberno. Nesta convocatoria, dotada con 651.000 euros, xestionáronse 739 expedientes. En total, concedéronse 1.310 bolsas nas súas diferentes modalidades.