VIVENDA

Abertas as convocatorias de axudas para a rehabilitación de vivenda na cidade histórica e no barrio de Vite

23/10/2023

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe a convocatoria de subvencións municipais para a rehabilitación de edificios residenciais no marco da 18ª fase da Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU) da cidade histórica de Santiago por un importe total de preto de 85.000 euros. As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude durante un mes a partir de mañá, 24 de outubro. Tamén continúa aberto o prazo de solicitude de axudas para a rehabilitación de vivendas no barrio...

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

Comeza a II edición do Festival Luz Poética: o festival que celebra a poesía nova galega

23/10/2023

Do 23 ao 29 de outubro, Compostela encherase de poesía e música na segunda edición do Festival Luz Poética, festiva de poesía nova de Compostela, un evento organizado polo Concello de Santiago e coordinado pola xestora Hoku Cultural. A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao e un dos organizadores, Diego Horschovski, presentaron esta mañá un amplo programa con obradoiros, roteiros e recitais, onde se darán a coñecer novas voces da poesía galega.

Ler máis

COMERCIO

Os Bonos Corazón regresan en novembro cun orzamento superior aos 400.000 euros

23/10/2023

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, anunciou hoxe que no próximo mes de novembro estarán dipoñibles os Bonos Corazón, o programa co que o Concello de Santiago quere incentivar o consumo no comercio e na hostalería local. Foi despois de que a Xunta de Goberno aprobara esta mañá a convocatoria do procedemento para seleccionar á entidade colaboradora na entrega e distribución destas axudas. A elas, o Goberno vai destinar un orzamento total de 433.000 euros.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local dá luz verde á licitación do proxecto de rehabilitación de firmes en nove rúas da cidade

23/10/2023

O executivo municipal aprobou esta mañá o expediente de contratación para as obras de "Rehabilitación de firmes de vías urbanas 2023" cun orzamento base de preto de 350.000 euros. Tamén se acordou a aprobación definitiva do Proxecto de Expropiación por taxación conxunta para a creación da plataforma loxística de intercambio de mercadorías na parcela SU-3 do PXOM (fase I). Destes e outros asuntos deu conta en rolda de prensa a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio da Humanidade apostan por impulsar e protexer o patrimonio comercial tradicional nos centros históricos

20/10/2023

Representantes das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade participaron esta semana en Córdoba nas Xornadas sobre "A reactivación económica e sostible nos centros históricos", organizadas polo GCPHE e o Concello de Córdoba, coa colaboración do Ministerio de Cultura e Deporte. Representando a Santiago, o evento contou coa participación do concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás. Unha das principais conclusións é que "a artesanía tradicional podería ser o...

Ler máis

TURISMO

Goretti Sanmartín defende un novo modelo turístico "compatible e enriquecedor da vida da veciñanza" no foro internacional sobre a taxa turística celebrado en Santiago

20/10/2023

O Pazo de Fonseca reuniu esta mañá a representantes do tecido hostaleiro e social da cidade así como de diferentes institucións de Cataluña, Porto, Málaga e Sevilla para debater arredor da aplicación da taxa turística e outras iniciativas que permitan acadar un modelo turístico sustentable en lugares sometidos a unha presión turística elevada, como é o caso de Compostela. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, abriu a xornada defendendo a necesidade de definir un novo modelo turístico...

Ler máis

IGUALDADE

O Concello de Santiago e a USC impulsan unha nova edición da Feira de Emprendedoras de Compostela centrada na economía circular

19/10/2023

Os vindeiros 25, 26 e 27 de outubro celebrarase a quinta edición da Feira de emprendedoras de Compostela cunha ampla programación dirixida a centros de formación, empresas, alumnado e profesorado da Universidade así como á cidadanía en xeral. Nesta ocasión, o evento céntrase na economía circular co obxectivo de establecer un debate sobre a aqueles modelos económicos sustentables e pensado para as persoas, en liña cos principios da Axenda Urbana 2030.

Ler máis

CONVIVENCIA

Mantense o dispositivo municipal para xestionar as incidencias motivadas polas chuvias intensas

19/10/2023

A voceira do goberno municipal, Míriam Louzao, deu conta esta mañá en rolda de prensa do dispositivo despregado no día de onte para facer fronte á "situación excepcional" provocada polas intensas precipitacións caídas na cidade. Neste operativo especial, que se manterá activo ao longo do día de hoxe, participaron 50 persoas das empresas concesionarias Viaqua e Urbaser así como efectivos da Policía Local e dos Bombeiros que realizaron máis dunha veintena de intervencións. A alcaldesa e...

Ler máis
Compartir: