CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia rende homenaxe a Chaikovski cun concerto na praza do Obradoiro no marco das festas do Apóstolo
A Real Filharmonía de Galicia participa cun segundo concerto nas celebracións das festas do Apóstolo, conmemorativas do Día de Galicia, mantendo o seu compromiso co público da cidade. A orquestra responde así ademais ao seu propósito de achegar o gran repertorio sinfónico a todos os públicos, saíndo á rúa, como tamén se fará en setembro con varios concertos gratuítos ao aire libre, en barrios emblemáticos de Compostela.
FESTAS
A Quintana acolle unha nova edición do Concerto das Bandas Galegas no Apóstolo
O Concerto das Bandas Galegas, unha proposta xa consolidada nas festas, será a gran cita da xornada de mañá xoves no Apóstolo. A axenda complétase coa actuación de Jamila Purofilin na praza do Toural e o concerto da Banda Municipal de Música de Santiago nas Praterías, desta vez acompañada pola Gallaecia Big Band.
BANDO DA ALCALDÍA
Bando da Alcaldía: "Maruxa e Coralia, bandeira revolucionaria da dignidade"
O Concello de Santiago quere chamar a toda a veciñanza de Compostela a celebrar o Día Nacional de Galiza e dedicarllo especialmente, neste 2018, á lembranza e homenaxe das irmás Fandiño Ricart. Dúas mulleres que ocupan un lugar central na nosa memoria colectiva, como cidade, por ter confrontado a escuridade da barbarie coa súa luz e cor.
FESTAS
Festa de luz, son, pirotecnia e tradición xacobea na noite grande do Apóstolo
Proxeccións audiovisuais con efectos 3D, música, efectos lumínicos e fogos artificiais volveron protagonizar os Fogos do Apóstolo. O público que encheu a praza do Obradoiro puido repasar en proxeccións cun enfoque cinematográfico dalgúns episodios significativos da tradición xacobea. E tanto os presentes na praza como noutros puntos da cidade, gozaron dunha pirotecnia que este ano tivo máis relevancia.
FESTAS
A programación do Apóstolo acórdase do público infantil coa "Feira na eira" de Galeras
A programación do Apóstolo non se esquece un ano máis dos nenos e das nenas, ás que lles espera unha fin de semana chea de actividades na Feira na eira! que se vai celebrar en Galeras. Serán dúas xornadas de música, contacontos, obradoiros e xogos en familia, nas tardes dos próximos sábado e domingo.
FESTAS
O reggae francés de Dub Inc, protagonista dunha nova xornada das festas
As festas do Apóstolo chegan ao seu ecuador, nunha xornada con dúas citas musicais de relevancia: o concerto dos franceses Dub Inc, na Quintana, e a actuación de Oîma Trío, dentro do ciclo Compostela É! Música, no escenario do Toural.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publicada a listaxe definitiva de admitidos/as na Escola Municipal de Música e apertura da matrícula
Finalizado o período de reclamacións ás listas provisonais de admitidos/as, o Departamento de Educación publicou este martes a listaxe definitiva de admitidos/as na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2018/19. Deste xeito, ábrese o proceso de matrícula do 24 ao 31 de xullo.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago aproba a ampliación do Museo do Pobo Galego por un importe global de 2,9 millóns de euros
Como vén sendo tradición cada 24 de xullo, coincidindo coa noite dos fogos do Apóstolo, o Consorcio de Santiago vai celebrar esta tarde a súa Comisión Executiva e Consello de Administración. Ambas xuntanzas estarán presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega.
MOCIDADE E FACENDA
Quince mozos e mozas aprenden a coidar os seus cultivos ecolóxicos grazas ao programa "Hortalíza-TE"
As concelleiras de Mocidade e de Facenda, Noa Morales e María Rozas, visitaron esta mañá a horta urbana do programa Hortalíza-TE, unha das actividades escollidas pola mocidade no proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide.
FESTAS
Mercedes Peón tomará a praza da Quintana antes dos Fogos do Apóstolo "máis cinematográficos"
Os tradicionais Fogos do Apóstolo serán os protagonistas da xornada de mañá martes nas festas, que tamén nos traerá a Mercedes Peón ao escenario da praza da Quintana, para presentar o seu novo traballo, Déixaas. A axenda festeira complétase coa actuación de Mega Purple Sex Toy Kit no Toural, dentro do ciclo Compostela É! Música.