COOPERACIÓN
Unha técnica de Turismo participará no programa "Vacacións con traballo" do Fondo Galego de Cooperación
Unha técnica de márketing de Turismo de Santiago, Yolanda Ferro, foi unha das persoas seleccionadas para pasar o mes de outubro en África, dentro do programa "Vacacións con traballo". Trátase dunha iniciativa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Santiago.
OBRAS E MEDIO AMBIENTE
A reforma do parque da Constitución permitirá crear unha zona de skate de 1.500 metros cadrados
A reforma do parque da Constitución permitirá crear un espazo para a práctica do skate de case 1.500 metros cadrados, ao tempo que porá en valor unha zona da cidade "moi deteriorada e infrautilizada". O proxecto de remodelación, xa aprobado en Xunta de Goberno, suporá un investimento de case 350.000 euros.
DEPORTE
Santiago convértese de novo en epicentro do deporte do motor coa volta do Rally Botafumeiro
Despois de catro anos de ausencia, o Rally Botafumeiro regresa ao calendario do deporte do motor en Galicia. A 26ª edición da proba vaise celebrar os próximos días 24 e 25 de agosto, con case 160 participantes. Santiago será o epicentro da competición, con tramos nos municipios veciños de O Pino, Touro, Vila de Cruces, Boqueixón, Vedra, Silleda, Oroso, Teo e A Estrada.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar os asasinatos machistas acontecidos nos últimos días, un deles no municipio coruñés de Cabana de Bergantiños.
ALCALDÍA
Membros de Agadea culminan a súa peregrinación para concienciar sobre a enfermidade do Alzheimer
Un grupo de persoas vinculadas a Agadea, a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencias tipo Alzhéimer, chegou hoxe á praza do Obradoiro despois de ter percorrido o Camiño Portugués dende o municipio pontevedrés de Tui. A alcaldesa en funcións, María Rozas, recibiunas nun acto no que lembrou "o importante labor que desenvolven estas asociacións no apoio, asesoramento e atención ás persoas enfermas de Alzhéimer e ás súas familias".
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello tramita case medio cento de solicitudes de axudas do "bonotaxi"
A Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos está a tramitar case medio cento de solicitudes para acceder ás axudas do "bonotaxi", convocadas por segundo ano consecutivo. A maioría das peticións foron formuladas por persoas con mobilidade reducida e por persoas maiores residentes na zona rural.
POLÍTICAS SOCIAIS
Presentadas as liñas estratéxicas para facer de Santiago de Compostela un municipio amigable coas persoas maiores
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta hoxe dun estudo elaborado polo seu departamento no que se expoñen as principais dificultades que atopa a poboación maior de Santiago no seu día a día. Nese documento recóllense tamén algunhas das medidas que pode implantar o Goberno local para facer de Compostela unha cidade máis amigable coas persoas maiores.
ALCALDÍA
Recepción aos participantes na LXI edición do Curso "Música en Compostela"
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi os/as participantes na LXI edición do Curso Universitario Internacional Música en Compostela, que se celebra do 5 ao 18 de agosto. Nesta edición participan máis de 100 alumnos e alumnas procedentes de diversos países.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago usa o 100% das horas do Servizo de Axuda no Fogar e atende a 227 persoas
O Concello de Santiago ten asignadas por parte da Xunta de Galicia un total de 9.123 horas de atención domiciliaria ao mes a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A día de hoxe estase a asumir o 100% das horas asignadas, atendendo a un total de 227 persoas.
ALCALDÍA
Setex Aparki retira o recurso contra a municipalización da ORA e do guindastre
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, informou hoxe de que a anterior concesionaria do servizo de ORA e guindastre, Setex Aparki, retirou o recurso presentado no xulgado en contra da municipalización do servizo. Ademais o Goberno do Estado decidiu non recorrer tampouco a decisión tomada polo Pleno da Corporación, despois de ter solicitado información do expediente.