CORONAVIRUS
Habilítanse tres puntos de venda e recarga de tarxetas para o transporte urbano, única forma de facer o pago a partir deste xoves
A partir do xoves 19 de marzo suspéndese o cobro en efectivo nos autobuses e só se poderá realizar o pago coas tarxetas de transporte urbano. Para a súa otención e recarga habilítanse tres puntos de venda: praza de Galicia, Fontiñas (rúa Lisboa) e avenida de Vilagarcía.
CORONAVIRUS
Comunicado do alcalde á veciñanza de Santiago de Compostela
Comunicado do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, á veciñanza de Santiago, por mor da crise do coronavirus:
CORONAVIRUS
O Concello lembra que a atención a través de voluntarios está garantida con Protección Civil e Cruz Vermella
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, agradece as numerosas mostras de solidariedade da veciñanza compostelá, pero lembra que a mellor forma de axudar e adoptando as medidas de autoprotección establecidas polas autoridades sanitarias e, polo tanto, permanecendo na casa.
XUNTA DE GOBERNO
Acordos da Xunta de Goberno local ordinaria
A Xunta de Goberno local reuniuse hoxe en sesión ordinaria, pero fíxoo no Salón de Plenos para poder manter as distancias recomendadas polas autoridades sanitarias entre os seus membros.
ALCALDÍA
A partir do vindeiro xoves 19 de marzo non se permitirá o cobro en efectivo nos autobuses urbano
A Xunta de Goberno ordinaria tomou conta de varias medidas acordadas en relación coa crise do coronavirus, entre elas a eliminación do cobro en efectivo no transporte urbano ou a interrumpución dos prazos dos procedementos administrativos tramitados polo Concello. O rexedor e a concelleira de Políticas Sociais tamén mantiveron hoxe unha xuntanza cos responsables das cadeas alimenticias para garantir a suministración de productos, especialmente para a poboación en risco.
ALCALDÍA
A Xunta de Goberno acorda novas medidas para a prevención do Coronavirus
Reunida en sesión extraordinaria, a Xunta de Goberno tomou as seguintes medidas: actívase o Plan de Emerxencia Municipal (PEMU), axústanse as restricións no tanatorio establecendo o límite de persoas en cada sala a 10 e a un total de 25 na capela, limítase o aforo dos autobuses urbanos a 30 persoas e elimínase a obrigatoriedade de rotación na ORA.
ALCALDIA
Sánchez Bugallo pide comprensión e colaboración á cidadanía ante os acordos adoptados polo Concello para frear a expansión do COVID-19
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, espera contar coa "comprensión e plena colaboración da poboación", ante os acordos adoptados con carácter urxente nas dúas últimas Xuntas de Goberno Locais extraordinarias, e que teñen como obxectivo loitar contra a expansión da enfermidade do COVID-19 e velar pola protección da saúde da veciñanza. Uns acordos que se adoptaron, segundo explicou o rexedor, en coordinación coas medidas acordadas pola Xunta de Galicia, e publicadas...
ALCALDÍA
O goberno municipal constituiu un gabinete de crise que se reunirá todos os días para avaliar as medidas postas en marcha sobre o coronavirus
O alcalde presidirá este gabinete de crise, que se reunirá todos os días ás 9 e ás 14 horas. Segundo indicou rexedor, mañá terá lugar unha nova Xunta de Goberno extraordinaria, trala que se celebrou hoxe, e unha xunta de voceiros.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato de dúas mulleres na localidade de Abanto-Zierbena (Biscaia), acontecido este mércores.
ALCALDÍA
Aberto o Foro Empresarial 2020 de AJE Galicia
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou este xoves no acto de apertura do Foro Empresarial 2020 de AJE Galicia, que se celebra no edificio CINC da Cidade da Cultura.