CONSORCIO
Unha mostra reúne as obras de debuxantes e ilustradores españois e internacionais que retrataron a cidade nas súas creacións
O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial inauguraron a exposición Santiago Cidade Ilustrada na Casa do Cabido. A mostra reúne máis de 60 obras de distintos ilustradores españoles e estranxeiros que retrataron a cidade de Santiago de Compostela nas súas creacións. Ao acto de presentación asistiron a concelleira de Cultura, María Antón; os comisarios da exposición, Gemma Sesar e Fausto Isorna; xunto con varios ilustradores cuxas obras se exhiben neste proxecto.
CULTURA
Sergei Malov e Florian Birsak presentan "Vivaldi e a familia Bach" no Via Stellae
O violoncello da spalla será un dos protagonistas do programa deste xoves 11 no Via Stelllae: violín, viola, viola da gamba, violoncello… unha moi ampla familia de instrumentos coa que explorar cores, sonoridades, recursos estilísticos e expresivos xunto ao ruso Sergey Malov. Vivaldi e a familia Bach –Johann Sebastian e o seu fillo Carl Philipp Emanuel, de quen conmemoramos o seu tricentenario– é o nome do programa que nos brinda a súa música, as súas fermosas sonatas e suites… A partir das 20:30 horas na capela da.../em>
ALCALDÍA
Agustín Hernández asume a portavocía dun novo Goberno municipal cohesionado e con nove áreas de xestión
O alcalde compostelán, presentou a distribución por áreas do seu novo equipo de Goberno. Agustín Hernández asume a portavocía dun Goberno municipal composto por nove concellerías: Economía, Facenda, Réxime Interior e Administración Pública, Desenvolvemento Urbano Sostible, Seguridade e Mobilidade, Servizos Sociais, Relacións Veciñais e Medio Rural, Cultura e Patrimonio e Relacións Institucionais.
CONSORCIO
O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle unha mostra conmemorativa dos 75 anos do Exército do Aire
Inaugurouse no Museo das Peregrinacións e de Santiago a exposición que conmemora os 75 anos do Exército do Aire. Trátase dunha mostra itinerante organizada polo Servizo Histórico e Cultural do Exército do Aire. En Santiago permanecerá ata o día 16 deste mes de xullo. Ao acto de inauguración asistiu o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, quen salientou que esta exposición axuda a dar visibilidade ao labor das Forzas Armadas.
PLENO
Agustín Hernández asume a tarefa de devolver a "normalidade institucional" a Santiago e a "ilusión" aos seus cidadáns
Agustín Hernández tomou posesión como alcalde nunha sesión extraordinaria do Pleno municipal na que tamén formalizou a súa renuncia o ata agora rexedor, Ángel Currás. Previamente, tomaron posesión da súa acta, ademais de Hernández, outros oito concelleiros: Marta González, María Jesús Saínz, María Antón, Manuel Martínez, Ramón Quiroga, Teresa Gutiérrez , María José Corral e Alejandro Sánchez-Brunete.
FESTAS
Grande aceptación do concerto de Los Planetas con motivo das Festas do Apóstolo
Santiago será a primeira data en directo de Los Planetas en España este verán. O concerto, un dos previstos para as Festas do Apóstolo, está tendo unha grande aceptación e xa se vendeu o 60% das entradas.
TURISMO
Santiago promociónase no Spain Club, referente da gastronomía española en Tokio
Turismo de Santiago fixo unha presentación da cidade no restaurante Spain Club de Tokyo. O Spain Club, ubicado no distrito de Ginza, o máis cosmopolita e elitista da capital nipona, é o principal referente da gastronomía española en Xapón. Pero ademais conta tamén cunha tenda onde se poden adquirir moitos produtos españois.
CULTURA
Roberta Invernizzi e Craig Marchitelli presentan "La bella più bella" dentro do Festival Via Stellae
Recoñecida polas súas deslumbrantes e elegantes interpretacións de grandes do Barroco como Vivaldi ou Haendel, Roberta Invernizzi volve achegarse en La bella più bella (canción de Luigi Rossi que serve de título ao concerto) ao delicado repertorio italiano do século XVII, un tempo no que as emocións e os afectos eran expresados polo cantante a solo cun acompañamento instrumental: a monodia do barroco italiano temperán (Caccini, Strozzi, Monteverdi, D’India…) para a que resultan ideais a sensibilidade e a...
PROTECCIÓN CIVIL
Protección Civil colaborou na recepción en Lavacolla dos nenos saharauís que pasarán o verán con familias galegas
Na madrugada do 7 de xullo, varios voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago de Compostela, colaboraron coa recepción dos nenos saharauís que chegaron ao aeroporto de Lavacolla para pasar o verán en distintos fogares ao longo da xeografía galega, no marco do programa Vacacións en paz
TURISMO
Santiago asina con Tanabe un acordo de colaboración en materia de turismo
O acto central de celebración do X aniversario da declaración do Camiño de Kumano como Patrimonio da Humanidade tivo lugar este domingo en Tanabe (Xapón), coa sinatura do acordo de colaboración en materia de turismo no Hongu Heritage Center, centro de interpretación do Camiño de Kumano.