CENTROS SOCIOCULTURAIS

Teatro e música na rede de Centros Socioculturais, nas novas edicións da Mostra de Teatro dos clubs dos CSC e de Terraceamos

03/06/2024

O mes de xuño chega á rede de Centros Socioculturais cargado de artes escénicas e músicais, grazas a dous programas que hoxe presentou o concelleiro Xan Duro. Trátase da Mostra de Teatro dos Clubs dos CSCs, que celebra a súa sexta edición; e do ciclo Terraceamos +, que comeza o próximo xoves. Estas dúas propostas foron presentadas esta mañá en rolda de prensa polo concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, acompañado da técnica municipal Sandra Quintana e do director de Talía Teatro, Artur...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba un convenio con Proxecto Home por 45.000 euros para cambiar os hábitos e reintegrar persoas adictas

03/06/2024

O executivo local deu luz verde esta mañá a tres convenios de colaboración coas entidades Fundación Monte do Gozo, Asociación de Dano Cerebral de Compostela SARELA e coa Federación Galega de judo e disciplinas asociadas que suman unha achega total de 56.000 euros. Nesta mesma sesión aprobouse tamén o protocolo de colaboración entre o Concello de Santiago e COGAMI para a participación no 'Proxecto RUMBO: cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva'. Destes e doutros asuntos tratados en Xunta de...

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

O Concello súmase a Alcer Coruña e anima a veciñanza a facerse doante de órganos

03/06/2024

O Concello de Santiago fai un chamamento á veciñanza para facerse doante de órganos, "un xesto solidario que non custa nada e que pode salvar moitas vidas". A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica Económica e Xuventude, María Rozas, e o coordinador de Alcer Coruña, Alfredo Saborido, compareceron hoxe en rolda de prensa, para dar conta dalgunhas das iniciativas que se van desenvolver con motivo do Día do Doante, que se celebra o próximo mércores.

Ler máis
Compartir: