CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os centros socioculturais "viven o verán" con máis de 25 actividades distintas que chegarán a máis de 3.000 persoas

11/06/2024

A Rede de Centros Socioculturais prepárase para uns meses moi intensos, con ducias de actividades no programa "Vive o verán". Música en directo, exposicións, actividades deportivas ou roteiros, fan parte dunha proposta na que se prevé a participación de máis de 3.000 persoas, "pensada para chegar a públicos moi diversos, e que ten como obxectivo que os veciños e veciñas desfruten do verán redescubrindo o seu municipio, con actividades de lecer, educativas, e que fomentan as relacións sociais e o...

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A biblioteca municipal José Saramago celebra o seu XXV aniversario afondando na obra do Nobel portugués

11/06/2024

O CSC José Saramago de Vite acollerá este mércores 12 e xoves 13 de xuño, varias actividades arredor do escritor portugués José Saramago para conmemorar os 25 anos de vida da rede municipal de bibliotecas que leva o seu nome. O concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, e varios membros da Corporación municipal, asistirán mañá pola tarde á inauguración da exposición "Voltar aos passos que foram dados". O programa tamén ofrecerá un relatorio e unha proxección dun...

Ler máis

DEPORTES

O Goberno municipal aborda a reforma integral do Vero Boquete para converter Santiago "na capital do deporte"

11/06/2024

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá en rolda de prensa un proxecto de reforma integral para o Estadio Municipal Verónica Boquete, ubicado no compostelán barrio de San Lázaro. Trátase dun plan cuxo investimento acadaría os 9,3 millóns de euros, un proxecto "ambicioso" a medio e longo prazo que este Goberno quere abordar para converter Compostela "na capital do deporte".

Ler máis
Compartir: