CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Alameda de Santiago acolle este sábado as actividades para a cativada do "Día Internacional do Xogo"

30/05/2024

O Paseo da Ferradura, na Alameda de Santiago, acollerá este sábadi distintas actividades de ocio programadas pola Rede de Centros Socioculturais para conmemorar o "Día Internacional do Dereito ao Xogo". A partir das 11:00 horas, nenos e nenas poderán gozar co circuíto de xogos tradicionais, de habilidade e cooperativos, así como co espectáculo "Cantaxoga" de Migallas.

Ler máis

PLENO

O Pleno aproba a creación da Comisión especial da xestión do ciclo integral da auga

30/05/2024

O Pleno municipal deu luz verde esta mañá á proposta da Alcaldía para a creación dunha comisión especial dedicada a analizar a forma máis sustentable e eficiente da xestión do ciclo da auga e que estará integrada por unha representación de todos os grupos municipais e por persoal técnico municipal. A Corporación tamén aprobou por unanimidade dúas declaración institucionais, unha en apoio ás persoas afectadas pola ELA e outra con motivo do Día do Orgullo LGBTI+, o vindeiro 28...

Ler máis
Compartir: