FESTAS

A carballeira de Conxo encheuse de festa na V edición do Banquete

26/05/2024

A Festa do Banquete de Conxo congregou un ano máis centos de composteláns e compostelás o venres 24, o sábado 25 e o día grande, o domingo 26, cando se conmemorou o orixinal banquete do 2 de marzo de 1856 cunha xornada festiva e alegre na carballeira de Conxo que durou dende a mañá ata ben pasada a tarde. Teatro, música, artesanía e moito máis encheron os tres días de festa. Aos festexos asistiron a alcaldesa e membros da Corporación municipal.

Ler máis
Compartir: