XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o expediente de contratación das obras para a reurbanización da rúa do Pombal

26/12/2023

O executivo municipal deu luz verde esta mañá ao inicio do expediente de contratación das obras de reurbanización da rúa do Pombal, cun importe base de licitación de 762.991,01 €. Tamén se aprobou de xeito definitivo o proxecto básico e de execución do parque infantil no espazo socioeducativo de Rial no lugar de Reibó (parroquia de Laraño) ao abeiro do Programa POS+ 2022 da Deputación Provincial da Coruña, cun orzamento de 124.999,99 euros.

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

O Centro de Atención Integral a Persoas sen Fogar contará con 12 habitacións e espazos comúns, seguindo o modelo Housing First

26/12/2023

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude deu conta hoxe das modificacións introducidas no proxecto do Centro de Inclusión Social de Belvís, co obxectivo de que sexa un Centro de Atención Integral a Persoas sen Fogar, tal e como fora concebido orixinalmente. María Rozas explicou que o complexo contará finalmente con 12 habitacións, dúas delas dobres, e con espazos comúns como cociña, comedor ou lavandería, seguindo a filosofía housing first "que tén...

Ler máis
Compartir: