CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os Centros Socioculturais celebran o Nadal con ducias de espectáculos, obradoiros e actividades de rúa

13/12/2023

Obradoiros para toda a familia, teatro, música, contacontos ou actividades de rúa. Son algunhas das propostas do programa "Vive o Nadal nos centros socioculturais", que xa botou a andar con algunhas iniciativas a comezos deste mes, pero que tomará máis forza na segunda quincena de decembro. O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, deu hoxe todos os detalles da programación, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por dúas das responsables da rede de centros socioculturais, Lourdes de la Cruz...

Ler máis

ALCALDÍA

A alcaldesa entrega os Premios de Investigación Antonio Fraguas sobre o traxe galego tradicional

13/12/2023

O XXVI Premio de investigación Antonio Fraguas recaeu nesta edición nas obras "Glosario ilustrado do traxe tradicional galego" de José Luis Rodríguez Álvarez, na modalidade decriptiva, e "De lonxe ata Galicia: as influencias de fóra no traxe tradicional galego" do autor David Quiñones Vázquez, na categoría analítica. A alcaldesa Goretti Sanmartín presidiu o acto de entrega dos galardóns que contou coa presenza das concelleiras Míriam Louzao e Pilar Lueiro e varios membros da...

Ler máis
Compartir: