COMERCIO

O Mercado da Estrela reivindica o espírito de comunidade e o desfrute dun Nadal con identidade compostelá

01/12/2023

A Feira Creativa de Agasallos celebrarase no mosteiro de San Martiño Pinario e no 2º andar do Centro Obra Social Abanca na Praza de Cervantes cunha nova zona infantil con xogos xigantes, obradoiros e gardería-ludoteca para a cativada e visitas guiadas ao espazo patrimonial. A programación musical e a oferta gastronómica dividirase entre a praza 8 de marzo e a pista cuberta do Centro Don Bosco coa novidade dun karaoke navideño.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello e o sector hostaleiro retoman a campaña "Fala baixiño" para concienciar sobre o necesario equilibrio entre o lecer e o descanso

01/12/2023

O Concello de Santiago, en colaboración coas principais asociacións do sector hostaleiro, pon en marcha de novo unha campaña para mitigar os ruídos que se producen na rúa e favorecer o descanso da veciñanza. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada por Serxio Fernández, de Hostalaria.Gal; por Jesús Peón, da Asociación Hostelería Compostela; e por Lucía Vázquez, da Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela, presentou hoxe a iniciativa, que leva por lema...

Ler máis

ALCALDÍA

A Estrela do Nadal xa alumea Compostela

01/12/2023

Arrancou o Nadal en Compostela co acendido das iluminación que marca o pistoletazo de saída a un amplo e variado programa de actividades para todos os públicos que este ano se aglutinan baixo a marca "Compostela, a estrela do Nadal", inspirada na simbólica estrela de oito puntas de Santiago.

Ler máis
Compartir: