TURISMO

Compostela continúa a súa aposta pola calidade turística a través do SICTED

09/11/2023

Este ano proporanse 125 empresas para recibir a distinción do SICTED, dez máis que no 2022 e máis do dobre que no 2018. A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, participou hoxe na Mesa de Calidade na que Turismo de Santiago dou conta do traballo que realizou este ano para o fomento da calidade a través da implantación do Sistema Integral da Calidade Turística Española en Destinos (SICTED).

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Concello oferta 210 prazas no programa Matinais de Nadal nos centros socioculturais

09/11/2023

O próximo luns, 13 de novembro, abre o prazo de inscrición para os Matinais de Nadal nos centros socioculturais. O concelleiro, Xan Duro, presentou hoxe o programa, no que se ofertan 210 prazas en diferentes espazos municipais, tanto da zona urbana como do rural. Son 25 prazas máis que o ano pasado, grazas á incorporación do centro sociocultural de Bando.

Ler máis

EMPREGO

Bota a andar Talentia 2023 cun Foro para reflexionar sobre innovación tecnolóxica, conciliación e talento local

09/11/2023

O auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea acolle mañá, ás 10.00 horas, o Foro inaugural de Talentia Summit, que este ano leva por lema "Coñeces o traballo do futuro?". O evento contará coa participación de destacados expertos e expertas en innovación tecnolóxica e intelixencia artificial, políticas de conciliación e talento local. A nota musical da xornada poráa o grupo Eladio y los Seres Queridos.

Ler máis

LINGUA

O proxecto Youtubeiras desembarca nos centros de ensino de Santiago na procura das novas xeracións de persoas creadoras de contidos na nosa lingua na Rede

09/11/2023

María Rúa, da canle PradoRua, e Nuria P. Espasandín, da canle Toxío, conducen encontros co alumnado nunha xira de obradoiros que nunha primeira quenda visita centros educativos de Santiago, Pontevedra e Moaña. Os Premios Youtubeiras, que repartirán 7500 euros entre as persoas gañadoras nas diferentes categorías, manteñen o prazo de inscrición aberto até o vindeiro 17 de novembro ás 23:59 h. Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística de Ames,...

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais visita a sede de Down Compostela

09/11/2023

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude visitou esta mañá a sede da Fundación Down Compostela para coñecer mellor o seu traballo e recoller as súas demandas. María Rozas estivo acompañada polo presidente da entidade, Juan Martínez; o secretario, Joaquín Rodríguez; a directora, Blanca Taboada; e por unha das beneficiarias dos programas da Fundación. Pamela foi a encargada de achegarlle á concelleira as peticións que previamente consensuara con todos os...

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

A 37ª edición de Cineuropa arranca coa proxección de ‘Puan’

09/11/2023

Do 9 ao 25 de novembro, o certame leva ás salas de Compostela 115 filmes e numerosas actividades paralelas, con concertos e proxeccións especiais, mesas redondas e obradoiros arredor do cinema. Os premios Cineuropa distinguen en 2023 as traxectorias do actor Luis Zahera, do director portugués João Canijo e da actriz Ana Torrent

Ler máis
Compartir: