IGUALDADE

O Concello de Santiago lanza a campaña "O teu machismo dá noxo" con motivo do 25N

07/11/2023

Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, o vindeiro 25 de novembro, o Concello pon en marcha unha campaña ao longo deste mes coa intención de convidar á cidadanía a reflexionar sobre os comportamentos e formas de violencia machistas nas redes sociais e no mundo do deporte. Esta iniciativa foi presentada esta mañá pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada por Teresa Furelos, xefa de Servizo da Área de Acción Social, e de Pilar...

Ler máis

LINGUA

Alingua destaca figuras públicas como Touriñán, As Tanxugueiras, Ledicia Costas ou Luís Davila como referentes no uso do noso idioma e levará as súas traxectorias ás aulas

07/11/2023

A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega publica na rede o ‘Catálogo de referentes’, guía virtual que recompila de forma inicial máis de corenta perfís colaboradores como modelos de sensibilidade lingüística nos campos da cultura, da ciencia, dos deportes, da artesanía, do activismo ou da comunicación. A iniciativa nace cunha guía didáctica específica, ideada como ferramenta educativa multidisciplinar para o alumnado de 12 e 16 anos, que se pode descargar xa de balde dende a web

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello urxe a Xunta a atallar o problema de mobilidade e a carencia de prazas de aparcadoiro mentres duren as obras de ampliación do CHUS

07/11/2023

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantivo unha reunión en San Caetano para analizar o marco de colaboración entre o Concello e a Xunta co obxectivo de mellorar a integración urbana e a ordenación da mobilidade do complexo hospitalario, tendo en conta que o CHUS é un equipamento sanitario de ámbito supramunicipal e, por tanto, lle corresponde á Xunta a correcta xestión do tráfico e da zona de aparcadoiro.

Ler máis
Compartir: