XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica as obras da senda peonil de Silvouta

06/11/2023

O executivo municipal deu luz verde esta mañá á adxudicación do contrato das obras de execución do proxecto "Senda peonil en Silvouta" á empresa OBRAS Y VIALES DE GALICIA por un orzamento de 117.420,00 €, enmarcado dentro do Programa POS+ 2022 da Deputación Provincial da Coruña. Tamén se aprobou o proxecto básico e de execución do "Parque infantil no espazo socioeducativo de Rial no lugar de Reibó na parroquia de Laraño". A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín deu conta de...

Ler máis

COMERCIO

O Goberno consensúa as bases dos Bonos Corazón coas entidades comerciais de Santiago

06/11/2023

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes das asociacións de comerciantes de Santiago para poñer en común as bases da nova convocatoria dos Bonos Corazón. Nos próximos días, celebrarse outra xuntanza co sector hostaleiro. A previsión é que os bonos estean dispoñibles a mediados deste mes e se poidan consumir ata o 22 de decembro.

Ler máis
Compartir: