COMERCIO

Os Bonos Corazón estarán dispoñibles para a súa descarga a partir de mañá 17 de novembro

16/11/2023

Os Bonos Corazón poderánse descargar a partir das 9.30 horas de mañá, 17 de novembro, a través da web bonoscorazoncompostela.gal. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou os detalles da nova convocatoria, á que se destina un orzamento de 433.000 euros. A principal novidade é que nesta ocasión só haberá bonos de 50 euros, e cada persoa poderá adquirir un máximo de...

Ler máis

EDUCACIÓN

Núria Figueras e Anna Font recollen no Pazo de Raxoi o Premio Compostela para Álbums ilustrados pola súa obra 'A visita'

16/11/2023

As autoras catalás Núria Figueras e Anna Font recibiron hoxe, nun acto celebrado no Pazo de Raxoi, o "Premio internacional Compostela para álbums ilustrados 2023", convocado polo Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka dotado con 9.000 euros de retribución así como coa publicación da obra en galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués. "A visita" foi seleccionado polo xurado por por tratarse dun "álbum ilustrado perfectamente construído que nos achega a...

Ler máis

SERVIZOS BÁSICOS COMUNITARIOS

O plan de conservación de lavadoiros comeza cos labores de roza e de limpeza

16/11/2023

O Concello de Santiago desenvolveu un plan de roza e limpeza de lavadoiros, que se complementará cunha segunda fase para súa recuperación e posta en valor. Estes traballos incluíron o baleirado e limpeza das pías, a roza da contorna da parcela, retirada de lixo, depósitos, lama e de herbas de raíz, cunha intervención inicial en 21 lavadoiros que vén de concluír.

Ler máis
Compartir: