ACCIÓN CULTURAL
Alfonso Blanco Quintela gaña o "III Premio Realia de Tradución Literaria"
Alfonso Blanco Quintela acaba de gañar o III Premio Realia de Tradución Literaria, pola tradución, ao galego, da obra "As consecuencias da vella historia", escrita por Georgios Viziinos, e publicada orixinalmente en lingua grega en 1884. Blanco Quintela, que se presentou baixo o pseudónimo de Asier Ortegal, percibirá unha contía en metálico de 1.500 euros. A maiores, a súa tradución será publicada nos vindeiros meses nunha das dúas coleccións da editorial Huguin e Munin.
MEDIO RURAL
Rematada a senda peonil de Paredes Laraño, que permitirá mellorar a seguridade da veciñanza
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado do concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, e dunha representación da directiva da Asociación de Veciños A Xunlla, supervisou hoxe o remate das obras da "Senda peonil e reforzo da calzada en Paredes de Laraño", nas que se investiron 126.420 euros.