XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras para a construción duns novos aseos públicos na avenida de Raxoi
25/08/2021
Ler máis
En sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, o Concello de Santiago adxudicou a obra de construción de aseos públicos na avenida de Raxoi e aprobou o acordo de distribución da subvención obtida no marco do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021.
TURISMO
O INE confirma a recuperación turística de Santiago cun récord de turistas españois
25/08/2021
Ler máis
Os establecementos hoteleiros da cidade alcanzaron no pasado mes de xullo o seu máximo histórico de pernoctacións de turistas españois, con 108.273, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). En ningún mes de xullo precedente se conseguira superar a cifra de 100.000 pernoctacións. O anterior máximo marcouse en xullo Ano Santo 2010, con 94.157 pernoctacións.