XUNTA DE GOBERNO
O obradoiro "Santiago Sustentable" formará 16 alumnos/as en aplicacións con tecnoloxía web
A Xunta de Goberno acordou este luns aceptar unha subvención autonómica para a realización dun novo obradoiro de emprego, no que participarán 16 alumnos/as. Ademais, o Goberno local deu o visto bo ao proxecto para a construción de pistas polideportivas e dun parque biosaudable na parroquia do Eixo.
ALCALDÍA
O alcalde condena os asasinatos de Valga (Pontevedra) e alenta a seguir denunciando a violencia machista
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, comezou a súa rolda de prensa sobre a Xunta de Goberno deste luns lamentando e condenando os asasinatos acontecidos hoxe en Valga (Pontevedra), nos que tres mulleres perderon a vida a mans da ex parella dunha delas. Mañá martes, ás 12:00 horas, haberá un minuto de silencio na praza do Obradoiro en repulsa por estes tres asasinatos machistas.
ALCALDÍA
Xuntanza coa Asociación de Veciños de Guadalupe
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu unha representación da Asociación de Veciños "A Ponderosa", do barrio de Guadalupe, encabezada pola súa presidenta, Isolina Barreiro. No encontro trasladáronlle as demandas máis urxentes para a zona.