FESTAS
Rubén Blades, as Xornadas de Folclore e a "Feira na eira!" nunha intensa fin de semana do Apóstolo
A que está a piques de comezar vai ser unha intensa fin de semana en Compostela, cunha chea de actividades na programación do Apóstolo. As Xornadas de Folclore e a Real Filharmonía de Galicia, o sábado, e o agardado concerto de Rubén Baldes, o domingo, son os pratos fortes da axenda dos vindeiros días, que tamén inclúe unha cita para os nenos e as nenas: a Feira na Eira! de Galeras.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local acorda encomendarlle ao Consorcio o soterramento do cableado aéreo no cruce das rúas da zona histórica
A Xunta de Goberno acordou hoxe encomendarlle ao Consorcio os traballos de redacción de proxectos e execución dos traballos das canalizacións soterradas, para substituír os pasos aéreos do cableado nos cruces das rúas dentro do ámbito do Plan Especial da Cidade Histórica. A encomenda enmárcase no programa no que está traballando o Concello para substituír o cableado e dotar de fibra óptica á zona monumental.
ALCALDÍA
O Multiúsos de Sar acollerá en decembro un concerto de Helloween, na súa xira "Pumpkins United"
Os alemáns Helloween ofrecerán un concerto no Multiúsos de Sar o 8 de decembro, dentro da súa xira de reunión Pumpkis United. O espectáculo será o segundo que acollan as instalacións deportivas na nova temporada, despois do xa anunciado de Tribalistas.
ALCALDÍA
O alcalde recibe os/as participantes no campamento Félix Rodríguez de la Fuente
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recibiron esta mañá na praza do Obradoiro os mozos e mozas do campamento Félix Rodríguez de la Fuente, que do 19 ao 27 de xullo, recorreron os 156,7 quilómetros que separan o Alto do Cebreiro de Santiago.
ALCALDÍA
Santiago e Padrón, un Apóstolo máis estreitando lazos de irmandade
As festas do Apóstolo celebraron este venres o tradicional Día de Padrón en Santiago, no que as dúas vilas reforzan os seus fortes lazos de irmandade. Así sucede tamén, á inversa, na Pascua padronesa.