FESTAS
Relevantes citas musicais e co traxe galego no primeiro fin de semana do Apóstolo
A programación das festas do Apóstolo desta fin de semana trae varias citas musicais destacadas, con concertos de Guadi Galego e da Banda Municipal ou o Beat Fest. Ademais, o sábado e o domingo, respectivamente, celebraranse dous dos eventos máis tradicionais das festas, o Día do Traxe Galego e a Festa do Escalo.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicados tres proxectos dos Orzamentos Participativos "Compostela Decide" de 2017
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe tres dos proxectos que resultaron seleccionados no proceso de Orzamentos Participativos de Compostela Decide de 2017. Foron, en concreto, as obras de accesibilidade en Fontiñas e a modernización das instalacións de iluminación nos pavillóns deportivos de Vite e Fontiñas. As tres actuacións suporán un investimento total de case 120.000 euros.
IGUALDADE
O Concello habilita un Punto Lila de información e atención sobre violencias machistas durante as festas
As mulleres que participen nas festas do Apóstolo contarán cun Punto Lila de información e atención sobre as violencias sexuais. Así o anunciou esta mañá a concelleira de Igualdade, Marta Lois, nunha visita a este espazo, situado na praza do Toural.
ALCALDÍA
A música e os fogos, protagonistas do espectáculo pirotécnico e audiovisual do 24 de xullo
Proxeccións audiovisuais con efectos 3D, música, efectos lumínicos e fogos artificiais volverán protagonizar os Fogos do Apóstolo, que o Consorcio de Santiago adxudicou á empresa Acciona Producciones y Diseño. O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe o espectáculo, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola xerente do Consorcio, Belén Hernández, e por Sheila Menéndez, responsable do proxecto, e Javier García, director artístico.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local aproba o proxecto de rehabilitación do futuro centro cívico da cidade histórica
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto de rehabilitación do local da praza de Salvador Parga que se vai converter no futuro centro cívico da cidade histórica. As obras terán un orzamento máximo de licitación dalgo máis de 280.000 euros e un prazo de execución de tres meses.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
O alcalde recibe os nenos e nenas saharauís do programa Vacacións en Paz
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado doutros/as integrantes recibiu as nenas e nenos participantes no programa Vacacións en Paz.