FESTAS
O Certame Folk con Leilía e a actuación de Liridade Noctámbula, protagonistas deste venres do Apóstolo
A xornada deste venres nas festas do Apóstolo ten dúas citas centrais. A primeira, na Quintana, é o Certame Folk patrocinado por La Voz de Galicia, que chega xa á súa sétima edición. A segunda, o concerto de Liridade Noctámbula, no marco do ciclo Compostela É! Música, na praza do Toural.
PLENO
O Pleno aproba retirar as condecoracións recibidas por nove ministros da ditadura franquista
O Pleno da Corporación aprobou hoxe a entrega dos títulos, honras e condecoracións do Concello de Santiago a diferentes persoas e entidades vinculadas coa cidade, así como o inicio do procedemento para a retirada das condecoracións recibidas no seu día por nove ministros da ditadura franquista. A proposta, que contou cos votos favorables de Compostela Aberta, PSOE e BNG e a abstención do PP, tamén incluíu a designación de seis rúas da cidade cos nomes doutras tantas mulleres, e as denominacións do parque de...
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar os últimos asasinatos machistas, os das tres mulleres (unha nai e dúas fillas) acontecidos este pasado luns en La Orotava (Tenerife).
FESTAS
A Banda Municipal de Música celebra no Apóstolo o seu 170 aniversario
A Banda Municipal de Música de Santiago vai ofrecer ata catro concertos nas festas do Apóstolo, nas que vai celebrar novamente o seu 170 aniversario. En dúas das súas actuacións, a formación que dirixe Casiano Mouriño farase acompañar polas agrupacións de baile e música tradicional de Compostela e pola Gallaecia Big Band.
FACENDA
Un total de 241 propostas veciñais pasan á 2ª fase dos orzamentos participativos
O pasado luns rematou a primeira fase dos orzamentos participativos, na que se achegaron numerosas propostas para realizar investimentos en cidade, no rural, nas zonas leste e noroeste, así como actividades para a Mocidade e as festas do Apóstolo.
MOBILIDADE E FESTAS
O Concello pon en marcha un servizo de bus nocturno durante o Apóstolo
O Concello de Santiago pon en marcha un servizo de bus nocturno durante as festas do Apóstolo, nun proxecto que se enmarca no proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide. O reforzo funcionará dende a noite do sábado 21 ata a noite do 31 de xullo.
FESTAS
Os pases para os concertos de Rubén Blades e Rosalía poderanse retirar no Teatro Principal a partir do sábado
As entradas para os concertos que Rubén Blades e Rosalía ofrecerán na praza da Quintana no marco das festas do Apóstolo poderanse retirar na billeteira do Teatro Principal a partir do próximo sábado. Os pases serán de balde, pero por motivos de organización do aforo o Concello recomenda a súa retirada previa.
PLENO
Santiago insta ao Concello de Teo e á Xunta a evitar a instalación da planta de residuos da Casalonga
O Pleno da Corporación aprobou hoxe unha declaración institucional na que mostra o seu apoio á Plataforma Casalonga Limpa de Residuos e insta ao Concello de Teo e á Xunta a adoptar as medidas necesarias para evitar a instalación dunha planta de reciclaxe de residuos neste lugar do municipio de Teo. Ao tempo, o Concello de Santiago expresa a súa preocupación polos efectos medioambientais e o impacto na poboación que puidera ter ese proxecto.