EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Segue aberta ata o 23 de marzo a inscrición no Programa de Conciliación de Semana Santa
A Concellaría de Educación e Cidadanía mantén abertas ata este vindeiro venres, 23 de marzo, a inscrición e matrícula no Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa. As actividades desenvolveranse os días 26, 27 e 28 de marzo e 2 de abril no CEIP As Fontiñas e no CEIP Raíña Fabiola. Hai un total de 100 prazas, 50 para cada un dos centros.
IGUALDADE
Comezan os obradoiros de empoderamento da muller nas parroquias do rural
Este mércores 21 de marzo comeza o programa de obradoiros abertos nas parroquias de Compostela, organizado pola Concellaría de Medio Rural no marco das actividades con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Os talleres desenvolveranse en seis centros socioculturais entre os meses de marzo, abril e maio.
ESPAZOS CIDADÁNS
Inícianse as reunións focais para a elaboración do Plan de Xestión da Cidade Histórica de Santiago
Este martes comeza unha nova fase do proceso de participación vinculado á elaboración do Plan de Xestión da Cidade Histórica. Será coa reunión do grupo focal "Habitar a cidade histórica", á que lle seguirá, mañá, a xuntanza de Turismo. Da celebración destes encontros deron conta o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, e o codirector do Plan de Xestión, Juan Requejo.
EMPREGO
A Mesa polo Emprego aproba as actividades formativas para este exercicio, ás que se destinan 105.000 euros
A Mesa polo Emprego reuniuse esta mañá no Concello de Santiago para abordar diversas cuestións de interese en materia de empregabilidade para este ano 2018. A xuntanza estivo presidida pola concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e contou coa asistencia de Cámara de Comercio, Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, CCOO, UGT e Asociación Plataforma polo Emprego.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Fonseca acolle ata o 30 de abril a exposición "Santiago, pintado", con ilustracións de Isabel Rey
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou esta mañá a exposición Santiago pintado, que se pode ver en Fonseca dende o pasado 15 de marzo e ata o 30 de abril. Na rolda estiveron tamén a súa artífice, a pintora Isabel Rey; o director da Área de Cultura da USC, Pablo Sampedro, e a investigadora Natalia Conde.
ACCIÓN CULTURAL
Olalla Castro e Nicoleta Moise presentan na Zona C a intervención "De como non casar / How not get married"
Mañá mércores 21 de marzo, ás 19:30 horas, as artistas Olalla Castro e Nicoleta Moise presentan na Zona "C" a intervención de De como non casar / How not get married. Estarán acompañadas na inauguración pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra. O acto é aberto ao público e non é preciso presentar invitación.
ALCALDÍA
O alcalde recibe os traballadores e traballadoras de Urxencias do CHUS
O alcalde recibiu esta mañá a representantes dos traballadores e traballadoras do servizo de Urxencias do Hospital Clínico de Santiago, que veñen denunciando as malas condicións neste departamento, que repercuten na atención aos doentes. Martiño Noriega quixo facer un chamamento público a que "se adopten medidas para que se mude a situación, que lle está a afectar a un servizo especialmente sensible".
CENTROS CÍVICOS
O CSC de Santa Marta programa diversas actividades literarias e escénicas do 21 de marzo ao 4 de abril
No Centro Sociocultural de Santa Marta queren celebrar a palabra. Por iso, con motivo do Día da Poesía e o Día do Monicreque (21 de marzo) e do Día do Teatro (27 de marzo), prepararon unha completa programación baixo o título "Expresarte", dirixido tanto a público infantil como adulto. Todas as actividades son de balde.