IGUALDADE
Doce entidades contarán con axudas municipais para as súas actividades de fomento da igualdade entre homes e mulleres
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, deu conta da resolución aprobada o venres pasado pola Xunta de Goberno na que se concedían as subvencións a entidades que realizasen actividades a favor da igualdade entre homes e mulleres, e de prevención e loita contra a violencia machista. En total son 12 as asociacións as que acceden ás axudas nesta oitava convocatoria, que aumentou a partida orzamentaria por segundo ano consecutivo, pasando dos 20.000 aos 27.000 euros.
ALCALDÍA
Martiño Noriega reuniuse coa Confederación de Empresarios da Coruña
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse cunha representación da directiva da Confederación de Empresarios da Coruña, encabezada polo seu presidente, Antonio Fontenla.
CONSORCIO
O Consorcio adxudica as obras de reparación de varias cubertas do Auditorio de Galicia por un importe global de 356.950 euros
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar as obras de reparación de varias cubertas do Auditorio de Galicia á empresa Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L., por un importe global de 356.950 euros. O prazo de execución estimado destes traballos será duns dez meses.
ACCIÓN CULTURAL
Cineuropa 31: cinema, xuventude e revolución
Do 7 ao 28 de novembro, Compostela acolle a trixésimo primeira edición do festival Cineuropa. 264 filmes e 17 seccións nun certame que medra este ano en proxeccións, en número de premiados, en xornadas e espazos de exhibición, e que mantén a aposta pola calidade cinematográfica dos anos anteriores. Será o filme La Villa, do realizador francés, Robert Guédiguian, o escollido para a apertura desta edición nunha sesión inaugural que terá lugar o martes, día 7 de novembro,.../em>