IGUALDADE
Máis da metade do alumnado de ESO e Bacharelato coñece relacións de parella nas que existen actitudes violentas
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, presentou este mércores o resultado dun estudo sobre percepción da violencia de xénero entre a poboación adolescente, que se levou a cabo no marco da campaña do 25N - Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A actividade desenvolveuse nos IES Pontepedriña, Antonio Fraguas, Fontiñas e Xelmírez I, e permitiu contrastar a visión que tiña o alumnado sobre o machismo e a desigualdade entre homes e mulleres antes e despois dunha serie de...
TURISMO
Marta Lois reúnese coa Asociación Turística Comarcal Ría Muros - Noia
A concelleira de Turismo, Marta Lois, reuniuse esta maña no Pazo de Raxoi co presidente da Asociación Turística Comarcal Ría Muros – Noia, Manuel Lema, e coa secretaria da entidade, Sol Agra. A Asociación está composta por empresas dos concellos de Muros, Outes, Noia, Porto do Son e Lousame.
CONVIVENCIA
Ábrese o prazo para aboar a taxa anual das tarxetas de residente por razón de municipio
O vindeiro luns, 18 de xaneiro, abrirase o prazo para o abono da taxa anual correspondente a 2016 das tarxetas de residente por razón de municipio. A data límite para efectuar este pago será o 20 de febreiro.