CULTURA
A Banda Municipal de Música ofreceu un concerto no parque da Alameda
A Banda Municipal de Música ofreceu un concerto dominical no parque da Alameda. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, non quixo perderse esta actuación, ao igual que non faltou ao concerto ofrecido o día anterior no Espírito Santo con motivo das festas neste barrio.
DEPORTES
As rúas de Santiago acolleron a segunda edición da Marcha unificada de persoas con e sen discapacidade Special Olympics Galicia
A concelleira de Deportes, María José Corral, asistiu ao acto de inauguración da II Marcha ciclista unificada de persoas con e sen discapacidade, organizada por Special Olympics Galicia. Transcorreu polas rúas de Santiago e participaron 14 deportistas con discapacidade intelectual das entidades PRODEME, de Monforte, e ASPRONAGA, de Coruña, que estiveron acompañados polos clubs ciclistas Os do Monte Bravo, Club Ciclista Ultreia, Voluntarios Unificados e Deportistas Unificados de Special Olympics Galicia.