SEGURIDADE E MOBILIDADE
Voluntarios de Protección Civil colaboraron na boa marcha da ruta ciclista polas rúas compostelás e da CorreSan nocturna
Efectivos de Protección Civil colaboraron marcha ciclista urbana organizada por Movistar este domingo, na que afeccionados ao ciclismo de todas as idades percorreron as rúas de Compostela. Tamén prestaron o seu traballo á proba nocturna do Circuíto de Carreiras CorreSan.
CULTURA
Un concerto de Anonymous 4 clausurará o festival Via Stellae en San Paio de Antealtares
O Festival Via Stellae, que comezou o pasado 20 de xuño, chega este martes ao seu fin cun concerto de clausura protagonizado por Anonymous 4. Será ás 21:00 horas en San Paio de Antealtares e a entrada é de balde previa retirada de convites no despacho de billetes do Teatro Principal (de 18:00 a 21:00 horas).
RELACIÓNS VECIÑAIS
Aberto ata o 30 de xullo o prazo de presentación de solicitudes das subvencións ás asociacións veciñais de 2014
A Concellería de Relacións Veciñais lembra que está aberto ata o 30 de xullo o prazo de solicitude das subvencións ás asociacións de veciños deste exercicio 2014. A partida total para estas axudas ascende a 64.800 euros.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
As obras na rúa da Caramoniña mellorarán a conectividade da zona da Almáciga cos barrios de San Pedro e San Roque
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, visitou a rúa da Caramoniña con motivo do inicio das obras de reurbanización nesta e no espazo libre anexo. Os traballos supoñen un investimento de 258.419 euros e teñen un prazo de execución de cinco meses.