ALCALDÍA
O alcalde anuncia melloras na accesibilidade das vivendas do barrio de Vite grazas á súa inminente declaración como ARI
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a próxima declaración de Vite como Área de Rehabilitación Integral (ARI), co fin de iniciar as actuacións de mellora da accesibilidade neste barrio en 2015 e 2016. Así o indicou tras asinar co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, a cesión ao Concello de forma gratuíta de tres parcelas para uso social e docente na zona das Cancelas-Mallou. Na reunión tamén falaron das actuacións pendentes dos ARI xa declarados –Casco...
CULTURA
Mike Hoolboom, o sentir dun cineasta de vangarda seropositivo, en Curtocircuíto
Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes, que se celebra este ano do 6 ao 11 de outubro, convidou ao director canadense Mike Hoolboom a realizar unha retrospectiva, a primeira que se lle dedica en España. Referencia absoluta do cinema experimental, é autor de máis de 50 películas.
TURISMO
Santiago acolle unha exposición canina internacional os días 11 e 12 de outubro
Os vindeiros días 11 e 12 de outubro de 2014, a Sociedade Canina Galega celebrará as súas 71ª Exposición Nacional Canina C.A.C, 72ª Exposición Nacional Canina C.A.C. & 30 Exposición Internacional Canina C.A.C.I.B no Recinto Feiral de Amio.
CULTURA E EDUCACIÓN
O Grupo de Cidades Patrimonio convoca a segunda edición do programa pedagóxico para escolares "Aula de Patrimonio"
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca a segunda edición do programa pedagóxico Aula de Patrimonio, coincidindo co inicio do curso escolar 2014-2015. O obxectivo desta actividade, na que participaron preto de 400 alumnos na súa anterior edición, é que os mozos que viven e estudan nas Cidades Patrimonio aprendan a coñecer e valorar non só a súa propia cidade, senón o resto de cidades que ostentan o mesmo título outorgado pola UNESCO, todo iso a través da realización de...
SERVIZOS SOCIAIS
Recepción a unha asociación holandesa de enfermos renais tras realizar a última etapa do Camiño de Santiago
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asistiu á recepción que Alcer Coruña (Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril), ofreceu a unha asociación de enfermos renais holandesa que realizou a última etapa do Camiño de Santiago. O acto tivo lugar na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Salgueiriños.
TURISMO
Santiago promociónase na feira de turismo cultural máis importante de Italia
Turismo de Santiago promocionará a cidade na TTG Incontri, a feira de turismo cultural máis importante de Italia, que terá lugar en Rimini entre o 9 e o 11 de outubro. A feira é o maior foro de contratación do sector turístico italiano, xa que nela participan a maior parte dos operadores turísticos do país, ademais dunha ampla representación de profesionais dos países do Mediterráneo, Estados Unidos e Brasil. No ano 2013 tivo máis de 52.000 visitantes.
CONSORCIO
Santiago é unha das tres cidades europeas elixida como caso de estudo no marco dun programa sobre sostibilidade
O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo Fasudir, centrado na eficiencia enerxética dos edificios e barrios das cidades. No marco desta iniciativa, a arquitecta da Oficina Técnica do Consorcio Idoia Camiruaga asiste esta semana a varias reunións de traballo en Munich. O investimento total de Santiago neste programa é de 116.235,80 euros, dos que 71.404,80 euros son achegados pola Unión Europea.
ALCALDÍA
A pintora María Jesús Reboredo cede ao Concello dúas composicións panorámicas
O alcalde compostelán recibiu formalmente os dous cadros cedidos pola pintora María Jesús Reboredo nun acto celebrado no salón nobre de Raxoi. Agustín Hernández agradeceu o agasallo destas dúas pinturas, ás que se lle buscará unha situación axeitada nalgún edificio municipal.