ALCALDÍA
O alcalde destaca o labor de COGAMI pola integración e participación activa das persoas discapacitadas na vida económica e social
O aparcadoiro do Estadio de San Lázaro acolleu a Xornada informativa sobre novas adaptacións para vehículos de persoas con mobilidade reducida, organizada pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) en colaboración con Adaptamóvil. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou neste evento, que incluíu unha exposición de vehículos adaptados a diferentes necesidades dos seus ocupantes, charlas informativas e asesoramento personalizado.
DEPORTES
Compostela acolleu os XV Xogos de Atletismo Special Olympics Galicia
O pavillón do Restollal acolleu a cerimonia de apertura dos XV Xogos Autonómicos de Atletismo para persoas con discapacidade intelectual Special Olympics Galicia. A concelleira de Deportes, María Corral, inaugurou o evento, que reuniu 370 persoas entre atletas, adestradores, voluntarios e organización.
XORNADAS
Clausura das Xornadas de Celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral
A concelleira María Antón asistiu ao acto de clausura das Xornadas de Celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral, organizadas pola Confederación ASPACE (Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns) e ASPACE Galicia. O acto estivo presidido pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.