ALCALDÍA
O alcalde destaca que o Plan Director do Camiño marcará as liñas mestras para que o fenómeno xacobeo siga medrando
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, como representante da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), participou na reunión da Comisión de Seguimento do Plan Director do Camiño de Santiago. Este documento, que marcará as accións e directrices a seguir por todas as administracións e axentes implicados nas diferentes rutas xacobeas a Compostela, estará listo antes de que remate o ano, segundo anunciou a directora de Turismo e Galicia, Nava Castro.
SERVIZOS SOCIAIS
Área Central acollerá o sábado 1 de novembro a terceira edición das Santiago Street Battles
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, presentou Santiago Street Battles III, Campionato de España de Breakdance na modalidade 1 vs 1, que se celebrará o sábado 1 de novembro, entre as 16:00 e as 21:00 horas, en Área Central.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Compostela Cine Classics proxecta "A invasión dos ladróns de corpos"
Nova cita co programa sociocultural Compostela Cine Classics 2014. Este venres 24 de outubro, o xénero escollido será a ciencia ficción, coa proxección de A invasión dos ladróns de corpos, filme dirixido en 1956 por Don Siegel.
SERVIZOS SOCIAIS
Destacados especialistas da psicoloxía xurídica e forense reúnense en Compostela
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, participou na EGAP no acto inaugural do VIII Congreso (Inter)Nacional de Psicoloxía Xurídica e Forense, que se celebra en Santiago do 23 ao 25 de outubro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
X Semana Cultural no LSC da Rocha
Este venres 24, a partir das 20:00 horas, darase por iniciado o programa de actividades da X Semana Cultural da Rocha, coa presenza da concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón. A continuación, Henrique Alvarellos conducirá unha charla arredor da exposición As fotos máis antigas de Galicia.1858, que se exhibe no local sociocultural.
ECONOMÍA
Primeira sesión de #Lanzateaemprender
A concelleira de Economía, Reyes Leis, asistiu en Área Central á inauguración do programa #Lanzateaemprender, que ten por obxecto colaborar cos mozos emprendedores que teñen ideas empresariais e precisan un apoio para levar a cabo os seus proxectos.