ALCALDÍA
Agustín Hernández recibiu o embaixador de Xapón, Kazuiko Koshikawa
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi o embaixador de Xapón en España, Kazuiko Koshikawa. O diplomático asinou no Libro de Honra do Concello.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición para a viaxe de termalismo de benestar a Laias (Ourense) do programa "Imos de excursión"
O programa Imos de excursión 2014 inclúe, ao igual que anteriores edicións, unha actividade dedicada especificamente á difusión dos beneficios do termalismo como práctica saudable. Trátase esta vez dunha estancia de dúas noites do 19 ao 21 de novembro no Hotel Balneario Laias Caldaria, en Laias (Ourense).
ALCALDÍA
O alcalde valora a importante contribución da Casa da Troia á vida e á historia da cidade
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asinou un convenio de colaboración co Padroado da Casa da Troia. O Concello destina así 3.600 euros para contribuír ao financiamento das actividades que desenvolve o Padroado.
CONSORCIO
O Museo das Peregrinacións e de Santiago celebra esta fin de semana tres novos obradoiros para nenos de 6 a 12 anos
O Consorcio de Santiago celebra esta fin de semana no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede da praza das Praterías) tres novos obradoiros didácticos dirixidos a nenos de entre 6 de 12 anos. Cada un deles ten unha duración de entre unha hora e media e dúas horas. A finalidade desta experiencia lúdica é que os máis pequenos se acheguen á historia de Compostela a través de propostas diferentes.
SERVIZOS SOCIAIS
O maratón Pink Power recadou 4.000 euros para a Asociación Española Contra o Cancro
O maratón deportivo Pink Power -que combinou exercicios de zumba, bodycombat e capoeira- celebrado o pasado domingo 19 de outubro no Multiúsos Fontes do Sar, coincidindo coa conmemoración do Día internacional contra o cancro de mama, contou coa asistencia de máis de 500 persoas, que coa súa solidariedade axudaron a recadar 4.000 euros. O evento contou coa colaboración das concellerías de Servizos Sociais e Deportes do Concello de Santiago.
ECONOMÍA
O Concello colabora con AJE Santiago no programa #Lanzateaemprender para a creación de novas empresas
A concelleira de Economía, Reyes Leis, e a coordinadora de AJE Santiago, Ana Rey, presentaron o programa #Lanzateaemprender, que ten por obxecto colaborar cos mozos emprendedores que teñen ideas empresariais e precisan un apoio para levar a cabo os seus proxectos.
ALCALDÍA
O alcalde afirma que Womex converte a Santiago nunha monumental plataforma para a música de Galicia e doutros pobos
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no Auditorio de Galicia na gala de inauguración de Womex 2014, a exposición de músicas do mundo que se celebra na cidade do 22 ao 26 de outubro. Grazas a este evento, a cidade recibirá máis de 2.600 delegados internacionais e será escenario, en diversos espazos, de concertos, proxeccións de cine, conferencias e encontros durante tres xornadas.