FESTAS
Todo listo para recibir os Reis Magos
Xornada especial un Nadal máis para recibir os Reis Magos o vindeiro domingo, 5 de xaneiro. Pola mañá, concerto infantil de Reis da Banda Municipal no Principal e, pola tarde, a tradicional cabalgata dende a estación de ferrocarril ata o Pazo de Raxoi, onde Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán a todos os nenos e nenas.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Abel Vidal, Uxía Iglesias e Iria Estévez gañan o II Concurso de Cartas de Reis
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, deu a coñecer os tres gañadores da segunda edición do Concurso de Cartas de Reis, destinado a promover o uso da lingua galega nestas datas de Nadal. As tres cartas máis orixinais do certame, ao que se presentaron máis de 1.100 cartas, foron as de Abel Vidal Mansilla (4 anos), Uxía Iglesias Saco (6 anos) e Iria Estévez Colmenero (8 anos).
REHABILITACIÓN
Unha nova web descubre as claves da fortaleza da Rocha Forte dun xeito visual, didáctico e interactivo
"Esta é a historia dun castelo maldito, o castelo máis grande de Galicia e que ninguén recorda xa". Así dá a benvida aos visitantes a nova páxina web sobre o Castelo da Rocha Forte: rochaforte.info, unha invitación a coñecer a historia, os acontecementos, os espazos, os personaxes e os obxectos desta fortaleza, fundamental para entender a historia de Santiago e de Galicia.
CULTURA
Dúas figuras da lírica nacional clausuran o ciclo Todo Lírica cun programa de opereta
A soprano Isabel Monar e o barítono José Antonio López ofrecerán un programa de opereta francesa e vienesa co que se clausurará o ciclo Todo Lírica. Será este sábado 4 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.