ALCALDÍA
O Concello recibe a parcela de 3.600 metros cadrados na que se construirá a nova área recreativa de Angrois
28/09/2013
Ler máis
O alcalde compostelán, Ángel Currás; a ministra de Fomento, Ana Pastor; e a xerente de Patrimonio de ADIF asinaron en Raxoi o acordo de cesión dos terreos de ADIF ao Concello de Santiago para a construción dun parque público en Angrois. Testemuñas da sinatura foron os representantes veciñais de Angrois.