BENESTAR SOCIAL
Curso de coidados integrais a persoas dependentes no CSC de Fontiñas
O Centro Sociocultural de Fontiñas acolle un curso de coidados integrais a persoas grandes dependentes organizado pola Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (Agadea). A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu á apertura do curso, que se desenvolverá ata o 28 de setembro.
EDUCACIÓN
O acondicionamento exterior da ludoteca de Fontiñas permitirá ao fin licitar a súa xestión e abrir este equipamento
A concelleira de Educación, María Castelao, informou sobre as obras de acondicionamento exterior da ludoteca de Fontiñas. Esta actuación, necesaria legalmente para abrir o equipamento, permitirá licitar a xestión deste servizo municipal e por en marcha estas instalacións, tras varios anos dende o remate do edificio.
TURISMO
As pernoctacións creceron un 10,3% en Santiago no mes de agosto
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, valorou positivamente os datos de pernoctacións que se produciron nos meses centrais do verán na cidade. Apuntou que o número de pernoctacións en Santiago viviu un crecemento importante durante o mes de agosto, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). A cidade alcanzou as 162.296 pernoctacións, o que representa un crecemento do 10,3% respecto do mes de agosto do 2012. Trátase do terceiro mellor mes de agosto da serie histórica do INE que comeza no 2005, só superado polos...
ECONOMÍA
Os participantes na CCcaminata de Líderes Empresariais concluíron a súa peregrinación
A CCaminata de Líderes, evento de coaching no Camiño de Santiago, finalizou coa chegada de todos os seus participantes a Compostela. Os directivos e directivas das empresas participantes -Endesa, DKV, Applus, TI Automotive, Espina y Delfín, Paradores, Aysinnova e Riocabo Maquinaria- chegaron á praza do Obradoiro con moita emoción despois de compartir cinco etapas do Camiño de Santiago.
ECONOMÍA
Concello e Cámara de Comercio fomentarán o espírito emprendedor entre os alumnos de secundaria e formación profesional
A Cámara de Comercio, Industria e Navegación e o Concello de Santiago de Compostela asinaron un acordo de colaboración para a realización dun Programa de Dinamización e Fomento do Espírito Emprendedor no Ámbito Educativo. No acto de sinatura participaron a concelleira de Economía, Emprego, Comercio e Turismo, Reyes Leis, e o presidente cameral, Jesús Asorey.
CULTURA
Bigott chega á Zona C de Bonaval dentro do ciclo Íntimo & Acústico
O zaragozano Bigott chega a Compostela da man do ciclo Íntimo & Acústico para dar un concerto este xoves 26, a partir das 21:00 horas, na Zona C. As entradas poden mercarse na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas), en A Reixa Tenda, en Ticketea e na propia Zona C antes do concerto. A seguinte proposta do ciclo é Luís Emilio Batallán, que presentará Había que chegar o xoves 17 de outubro no Principal.
ALCALDÍA
Inauguración da rúa José Antonio Souto Paz
O alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugurará o vindeiro venres, 27 de setembro, ás 12:30 horas, a rúa José Antonio Souto Paz, que lembra a figura do que fora alcalde da primeira Corporación democrática de Santiago de Compostela. O vieiro, situado no SUNP-7 de Pontepedriña, conflúe tanto no seu punto de entrada como no de saída na rúa do Restollal.
ALCALDÍA
Constituída a comisión interadministrativa do VIII centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á consitución da comisión interadministrativa con motivo do oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela. O acto estivo presidido pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.