DEPORTES
Un torneo de rugby homenaxeará as vítimas do accidente ferroviario de Angrois
Este sábado 21, o rugby español homenaxeará as vítimas do accidente ferroviario de Angrois. Será grazas a un torneo benéfico ao que acudirán xogadores procedentes de toda España, salientando a participación da Selección Española de Veteranos, España Classics.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Lanzamento da campaña gañadora do I Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego
Hai tres meses, Isabel Vila e FainoTí gañaban o I Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego convocado pola Concellaría de Normalización Lingüística. Dende aquel momento estiveron a pulir a proposta que presentaron a concurso, para lanzala nunha festa que celebraron en O Boneco Bar (avenida de Raxoi, 19, Baixo) a partires das 20:30 horas. O evento contou coa actuación de Aldaolado, poesía, música e historias. Sorteáronse cinco lotes básicos de labores e houbo un fotocol.
EMPREGO
Comeza a campaña de información do Programa de Cualificación Profesional do Urbana Santiago Norte
A concelleira de Emprego, Reyes Leis, visitou no cruceiro de San Pedro un dos sete puntos de información do Programa de Cualificación Profesional do Urbana Santiago Norte, que estarán en funcionamento os días 20, 21, 23 e 25 de setembro. Presentou deste xeito unhas accións que teñen como obxectivo que os os traballadores e traballadoras desta área poidan mellorar a acreditación das súas competencias profesionais e tamén a súa formación, para incrementar a súa capacidade de inserción no mercado...
MULLER E IGUALDADE
Presentada a convocatoria de subvencións para actividades en prol da muller
A concelleira de Muller e Igualdade, María Castelao, anunciou a próxima publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de subvencións para o fomento de actividades e do movemento asociativo de mulleres. Este programa de axudas está incluído no III Plan de Igualdade do Concello de Santiago.
ECONOMÍA
Máis de 300 persoas dos cinco continentes participarán en Santiago nas Xornadas Internacionais de Coaching
O Pazo de Raxoi acolleu a presentación das Xornadas Internacionais de Coaching, que por quinta ocasión se celebran en Santiago. Na presentación participaron a concelleira de Economía, Reyes Leis; o fundador do Instituto Ben Pensante, Daniel Álvarez; e o director de zona de BBVA de Santiago, Luis Miguel Escámez.
CONSORCIO
O Consorcio comeza a restauración das varandas artísticas do Pazo de Raxoi
O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, iniciou esta semana as obras de restauración e mantemento das varandas históricas do Pazo de Raxoi. Trátase dun proxecto, elaborado pola Oficina Técnica do Consorcio, que vai permitir recuperar as varandas de forxa da fachada principal do Pazo de Raxoi, tanto as dos balcóns como as das ventás balconeiras.
CULTURA
Pablo Guerrero celebra os seus 40 anos de carreira cun concerto no Teatro Principal
O Teatro Principal acollerá este sábado 21 de setembro o concerto do cantautor estremeño Pablo Guerrero, no que presentará Lobos sin dueño, unha antoloxía da súa obra que celebra os 40 anos de A cántaros, o seu primeiro disco. Será a partir das 21:00 horas nun concerto enmarcado dentro do ciclo Íntimo & Acústico, no que tamén poderemos escoitar a Bigott o 26 de setembro e a Luís Emilio Batallán o 17 de outubro.
ECONOMÍA
O Concello de Santiago patrocina a primeira Ccaminata de Líderes Empresariais
Do 19 ao 24 de setembro, directivos de diferentes empresas percorrerán xuntos 121 quilómetros do Camiño de Santiago nunha viaxe de desenvolvemento persoal e profesional nun evento patrocinado polo Concello de Santiago.
SEGURIDADE CIDADÁ
A noite deste xoves deixou un balance de menos sancións por consumo na vía pública e por ruído en pisos respecto ao xoves anterior
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, fixo un balance policial dos dous primeiros xoves de lecer nocturno dende o inicio do curso universitario. O edil valorou o efecto disuasorio dos controis policiais e das sancións impostas, xa que se constatou unha redución significativa no número de infraccións, tanto por consumo de alcohol na vía pública como por ruídos en pisos do Ensanche.
CULTURA
Elizabeth Watts, protagonista do concerto 20º aniversario do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
A soprano Elizabeth Watts e o pianista Roger Vignoles ofrecen un concerto o martes 24 de setembro, ás 21:00 horas, no Hostal dos Reis Católicos. Será o concerto de celebración do 20º aniversario do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e, ademais, suporá tamén a clausura do XIV Ciclo de Lied. As entradas serán de balde e todos aqueles interesados en asistir poden recollelas xa na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas.