SOSTIBILIDADE
O Concello realizará unha auditoría enerxética do alumeado público previa á licitación do novo contrato de mantemento
A concelleira de Sostibilidade, María Pardo, anunciou o inicio do procedemento para contratar unha auditoría enerxética das instalacións de alumeado público municipais. Estas medicións permitirán obter uns datos necesarios que serán tidos en conta no prego do novo contrato de mantemento do alumeado público, co que o Concello agarda reducir en torno ao 40% da súa factura de consumo enerxético.
CULTURA
Catro novos concertos no Íntimo & Acústico
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a proposta do ciclo Íntimo & Acústico para os vindeiros meses de setembro e outubro. Damien Jurado, Bigott, Pablo Guerrero e Luis Emilio Batallán presentarán os seus últimos traballos no Teatro Principal e a Zona "C" dentro deste ciclo que xa acolleu no que vai de ano a artistas tan diversos como Christina Rosenvinge, The New Raemon, Rubén Pozo, Sr. Chinarro, Luar na Lubre, Sidonie, Aaron Thomas e Albert Pla.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu en Raxoi a baloncestista compostelá Arantxa Mallou
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibiron en Raxoi á xogadora de baloncesto compostelá Arantxa Mallou.
ECONOMÍA
O Urbana Santiago Norte organiza tres seminarios para emprendedores
A Concellería de Economía convoca, no marco do programa Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), tres seminarios de capacitación para o emprendemento, denominados Emprendedoors. Abrindo portas ao emprendemento en Urbana Santiago Norte.