ALCALDÍA
Presentación no Obradoiro do Campionato do Mundo de Vela Clase Platu 25
O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou na presentación do Campionato do Mundo de Vela Clase Platu 25, celebrada na praza do Obradoiro e presidida polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A continuación, recibiu o comité de honra desta competición no salón vermello.
XUVENTUDE
Os participantes no campamento de verán do Centro Don Bosco visitaron a Casa da Troia
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, e o presidente da Asociación de Antigos Tunos Composteláns, Benigno Amor, participaron na visita guiada que os nenos e nenas do campamento de verán do Centro Don Bosco realizan a esta casa museo, organizada polo Concello.
EMPREGO
O Concello imparte formación a 60 persoas a través de catro accións para desempregados financiadas pola Xunta de Galicia
A concelleira de Emprego, Reyes Leis, e a delegada da Xunta de Galicia na Provincia da Coruña, Belén do Campo, visitaron o centro de formación ocupacional de Sanxuás de Aríns, onde o Concello imparte dous cursos dentro das Accións Formativas para Desempregados. Dentro deste programa, tamén se imparten outros dous cursos no Cersia. En total, estanse formando 60 persoas, grazas a unha subvención da Xunta de 260.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba novas axudas para vivendas da ARI de Vista Alegre
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou novas axudas para vivendas da Área de Rehabilitación Integral de Vista Alegre, correspondentes ás fases quinta e sexta do convenio de axudas entre Concello, Fomento e IGVS.
CULTURA
Segue "Verán na rúa" cunha sesión de títeres de Manu Mansilla en San Martiño Pinario
Verán na rúa continúa coa súa variada oferta, da que pode gozar especialmente o público infantil e familiar, que solo ten que coller un bo lugar para ver os diferentes espectáculos gratuítos, que toman as rúas do casco histórico de Compostela de luns a venres.