XUVENTUDE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Xuventude e Normalización pon en marcha un programa de intercambio lingüístico
Busco parella...lingüística é o título do programa de intercambio lingüístico que pon en marcha a Concellería de Xuventude e Normalización Lingüística en colaboración coa Universidade de Santiago. O seu obxectivo é que os mozos e mozas de Compostela que teñan interese en perfeccionar as súas competen¬cias lingüísticas poidan facelo dun xeito práctico a través da conversa con outras persoas con similares intereses.
BENESTAR SOCIAL
Benestar Social imparte cursos de reforzo educativo a 30 mozos e mozas
O concelleiro de Benestar Social en funcións, Adrián Varela, visitou os cursos de reforzo educativo organizados pola Concellería de Benestar Social en colaboración co grupo Igaxes3. Máis de 30 alumnos e alumnas de diferentes niveis educativos participaron nos meses de maio, xuño, xullo e agosto nestas sesións, que se desenvolveron en xornada de mañá, primeiro no Centro Sociocultural José Saramago de Vite e logo na sede de Igaxes3 en San Lázaro.
TRÁFICO
Os controis de velocidade realizados a 2.147 vehículos do 19 ao 25 de agosto deixan un balance de unicamente 12 denuncias
No marco das campañas de vixilancia e control promovidas pola Dirección Xeral de Tráfico, do 19 ao 25 de agosto realizouse un control especial de velocidade en varios puntos da cidade. Dos 2.147 vehículos controlados só 12 superaban os límites de velocidade e foron propostos para sanción, o que supón unicamente un 0,55% do total.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Novas citas co programa "Imos ao baile"
Continúa a desenvolverse con éxito o programa Imos ao baile 2013, organizado pola Concellería de Centros socioculturais e Participación Cidadá. As próximas citas serán o 30 de agosto e o 7 de setembro.