ALCALDÍA E TURISMO
A selección de baloncesto aproveitará a súa presenza en Santiago para homenaxear ás vítimas do accidente de Angrois
O salón vermello do Pazo de Raxoi acolleu a sinatura do convenio para a celebración do partido internacional de baloncesto entre España e Macedonia, que se celebrará o martes 20 de agosto no Multiusos Fontes do Sar. O acordo foi subscrito polo alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Turismo e presidenta de INCOLSA, Reyes Leis; o presidente da Federación Española de Baloncesto, José Luis Sáez; e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín.
OBRAS
Case medio millón de euros para obras de mellora en calzadas e beirarrúas de varios barrios de Compostela
O concelleiro da Brigada de Vías e Obras e Xestión Ordinaria de Servizos Básicos, Juan de la Fuente, deu conta de varios proxectos de mellora de calzadas e beirarrúas en nove sectores de barrios da cidade. En total, as obras previstas suman un investimento de 485.645 euros. A previsión do edil é que estas actuacións, agora en fase de contratación, poidan iniciarse a mediados de setembro.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba os plans parciais dos solos 16 e 17 de Aríns, con capacidade para máis de 2.000 vivendas
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou inicialmente os plans parciais do SUD-16 de Agra dos Campos e do SUD-17 de Monte do Gozo, ambos na parroquia de Aríns. Estes plans parciais, formulados por iniciativa particular, desenvolven dous sectores que poderían dar cabida a máis de 2.000 vivendas.